San Martiño de Riobó

Cruceiro do Cemiterio

Combina formigón con granito. A plataforma de formigón é cadrangular de tres graos. O pedestal é circular. O varal é cadrado con chafráns. O capitel é cadrangular moldurado. A cruz é octogonal. No anverso, vese a Cristo crucificado con tres cravos con mans abertas, cabeza ladeada á dereita e pano de pureza atado á dereita. No reverso, a Virxe orante con mans xuntas.

 

Cruceiro de San Brais

Combina granito e formigón. A plataforma é cadrangular de dous graos. O pedestal é cadrangular e remata cunah roda lisa. O varal é octogonal aínda que comeza en cadrado. Carece de capitel. A cruz de formigón comeza cun pedestal e ten remates de forma lanceolada.

 

Cruceiro da Mata

Está construído en granito. Carece de plataforma. O pedestal é circular. O varal octogonal comeza e remata en cadrado. O capitel é cadrangular moldurado. A cruz é romboidea de remates florenzados con botón central e círculo no centro.

Galego