- PORTADA
- CONCELLO
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- CULTURA
- DEPORTES
- EMPREGO
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- FUNCIÓNS
- BOLSA DE EMPREGO
- Plan de Emprego Local (PEL Reactiva)
- COWORKING
- CMAT – Costa da Morte Asociación Turística
- PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO: ReActiva
- PROXECTO REDE XIANA
- GALP Costa da Morte
- PLAN REVIVE COSTA DA MORTE
- OBRADOIRO DE EMPREGO “ESCOLA DE VELA DA COSTA DA MORTE- FASE II"
- FORMACIÓN
- SERVIZO GALEGO DE COLOCACIÓN
- SUBVENCIÓNS
- EN IMAXES
- LIGAZÓNS
- CONTACTO
- SERVIZOS SOCIAIS
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- PROGRAMAS BÁSICOS
- PROGRAMA DE EDUCACIÓN FAMILIAR
- PROGRAMA DE VOLUNTARIADO
- ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "A CASA DOS TÍTERES"
- BENEFICIO FAMILIAS NUMEROSAS
- FAMILIA
- CENTRO DE MAIORES
- II PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES PARA HOMES E MULLERES
- CONVOCATORIA DE AXUDAS
- LIGAZONS
- CONTACTO
- POLICÍA LOCAL
- PROTECCIÓN CIVIL
- URBANISMO
- TURISMO
- PRESENTACIÓN
- RUTAS TURÍSTICAS
- SENDA DOS ANLLÓNS
- SENDEIROS POR CABANA
- PERSOEIROS
- ROMARÍAS
- PRAIAS
- GUÍA DE HOSTALARÍA
- PATRIMONIO
- HISTORIA
- PUBLICACIÓNS
- SERVIZOS PÚBLICOS
- CONTRATACIÓN
- PERFIL DO CONTRATANTE
- SELECCIÓN DE PERSOAL
- CONTRATOS MENORES
- NOVAS
- AXENDA
- CONTACTO
San Fins do Castro
A Romaría
A romaría de San Fins do Castro é unha das que ten máis sona na comarca bergantiñana.
Esta importancia acadouna sobre todo conD. saturnino Cuíñas, párroco de Cesullas desde os anos 30 e importante folclorista para as terras de Cabana de Bergantiños.
Coa súa chegada a romaría foi adquirindo, en concreto, dous aspectos novidosos: o himno a San Fins e o Berro Seco.
O Himno
A letra é de Saturnino Cuíñas e a música do director de banda Xosé María de Neaño. Comenza da seguinte forma:
Meu santo san Fins do Castro
¿que lle dás ós teus romeiros?
Auga da túa fontiña,
sombra dos teus bidueiros.
¿que lle dás ós teus romeiros?
Auga da túa fontiña,
sombra dos teus bidueiros.
A Fonte
Pero antes do viño, xa pola mañá cedo, a protagonista é a auga da fonte situada a carón da ermida. Antes de que saia o sol acoden os romeiros á fonte para lavaren a cara e as mans na auga santa ou tirar cartos na pía. Estas non se enxugan ó igual que o pano de man, que se molla na fonte e déixase secar alí no campo. Conta a tradición que, unha vez seco, curarán as verrugas. Tamén ten outras propiedades como a cura da pulmoeira do ubre das vacas.
O Berro Seco
É unha das partes máis esperadas da romaría.
O cura de Cesullas diríxese ós romeiros desde o palco da música e todos emiten un berro tres veces e a coro semellante ó dos canteiros cando erguen unha pedra grande.
Santo de Pólvora
Trátase dunha falla artesanal que se fai estoupar xusto antes dos bailes da misa.
A figura desta tradición consiste na maaqueta de dous bonecos reproducindo en movemento algún oficio tradicional e artesanal: o de ferreiro, o de afiador e o de canteiro.
As Merendas
Despois das misas e os bailes matinais, pola tarde o campo de bidueiros de San Fins e arredores énchese de merendas tanto en manteis sobre a herba coma en mesas armadas uns días antes.
Galego