R-3. Ruta do rego dos muíños

PANEL 1: RUTA DO REGO DOS MUÍÑOS (R-3)

Percorrido lineal
Lugar de partida: Aparcadoiro do Lodeiro (inicio da Senda do Anllóns)
Lugar de chegada: Castro A Cidá de Borneiro
Lonxitude: 3,5 km
Duración aproximada (ida e volta): 2 horas
Dificultade: Baixa

Esta ruta comeza no Lodeiro (Canduas), principio e final da Senda do Anllóns, e acaba no castro A Cidá de Borneiro.
No pasado, o rego dos Muíños ou do Roncaduiro foi un importante recurso económico aproveitado polos habitantes da redonda (Canduas e Borneiro). Como vestixio, ó longo dos seus 3 km de lonxitude, aínda se conserva un singular conxunto etnográfico conformado por 24 muíños. Desde as faldras do castro A Cidá de Borneiro ata as beiras da enseada da Insua, a auga do río descende de fervenza en fervenza con forza suficiente como para mover os rodicios destes fermosos exemplos da arquitectura do pan. O ruído (o roncar) provocado polo discorrer das augas serviu para bautizar este regato cabanés.

Os muíños son construcións de pedra nas que o gran (millo ou trigo) é moído por un mecanismo de rotación movido pola forza da auga. Na actualidade, coa transformación do agro galego, a maioría deles encóntranse abandonados. Non obstante, aínda se conserva algún preparado para realizar a súa antiga función de moenda.

1. Muíño de Taboído
2. Muíño Novo
3. Muíño da Cancela
4. Muíño do Ferreiro
5. Muíño dos Corteduiros
6. Muíño da Brañeira
7. Muíño de Tras dos Ríos
8. Muíño do Mouzo
9. Muíño das Bellotas
10. Muíño do Loureiro
11. Muíño do Marroco
12. Muíño Vello
13. Muíño de Jorge e Plaia
14. Muíño do Leiro
15. Muíño do Vidreiro
16. Muíño de Generosa
17. Muíño do Chaparro
18. Muíño da Cotareda ou Daniel
19. Muíño de Motas da Fontefría
20. Muíño de Agustín e Miranda
21. Muíño de Rei
22. Muíño de Paolo e Romixa
23. Muíño do Alcalde e Benito
24. Muíño de Benito

PANEL 2: XAQUÍN LORENZO FERNÁNDEZ E OS MUÍÑOS DO RONCADUIRO.

Coincidindo co inicio das escavacións arqueolóxicas no castro A Cidá de Borneiro na década dos 30, un mozo do Seminario de Estudos Galegos chamado Xaquín Lorenzo Fernández, ?Xocas?, aproveitou a súa estadía en Cabana de Bergantiños para compilar documentación que despois sacaría á luz co título de Notas etnográficas da parroquia de Borneiro. Nelas, xunto coa descrición de moitos elementos etnográficos borneiráns, realiza un estudo das arquitecturas do pan dos muíños do Roncadoiro. Estas son as súas palabras:

?A auga, ó saír dun muíño, entra xa no cubo doutro, aproveitándose así todos os sitios para instalar estes. A consecuencia desta inclinación do leito do regato, a auga leva moita forza e fixo introducir nestes muíños o uso dunha peza característica: a pa. Despois dunha curta canle, entra a auga no cubo, que ten unha inclinación duns 60º (fig. 18). O cubo pode ser de madeira ou de pedra. No primeiro caso, un tronco de árbore é o utilizado; féndese á metade, socávase cada unha destas e vólvense xuntar cinguíndoas cunhas cinchas de ferro. Se son de pedra, fanse duas canles que logo se xuntan, asegurándoas con grampas de ferro. Nos dous casos, ten o cubo no seu comenzo unha reixa de ferro, chamada gradisenla, pra impedir o paso ás follas e garabatos que trae a auga e que poderían atuar o billón ou a billa.
Cando o muíño está parado, tápase a saída da auga coa pa, pra evitar que coa súaa forza parta o rodicio (fig. 19). Todos os muíños de Borneiro son de herdeiro, non habendo ningún que se destine a moer o gran da xente mediante pagamento.
A súa disposición varía en pouco da doutros sitios. A capa e o pé van ao ar e, para evitar que se a fariña espargalle, leva unhas táboas arredor facendo unha caixa para a conter. A abundancia de pedra pizarrosa fai que se empregue tamén no tellado dos muíños; unhas trabes sosteñen unha serie de laxes que o protexen da intemperie [...]?

PANEL 3: PATRIMONIO, NATUREZA E TRADICIÓN ORAL NO REGO DOS MUÍÑOS

1. CRUZ DO RONCADOIRO (desaparecida)

A cruz viradoira do Roncadoiro está hoxe desaparecida. Por fortuna, sábese da súa existencia e forma grazas a un debuxo e texto do escritor e político Daniel R. Castelao incluída no volume As cruces de pedra na Galiza: ?Esta cruz é xiradoira e a súa feitura, de cabeza ensanchada e longa, fai pensar que se trata dun moimento antigo, quizais refeito máis tarde. Pola condición de pedra xiradoira, o pobo concédelle virtudes milagreiras?. Nesta parroquia cabanesa encóntranse dúas cruces viradoiras máis: unha camiño do lugar de Borneiro, outra en Vilaseco.

2. CRUCES GRAVADAS NAS PORTAS DOS MUÍÑOS

Ás veces, os marcos da portas dos muíños presentan cruces gravadas na pedra. A súa función era a de impedir a entrada do demo e ademais protexelo de todo mal. Estes símbolos cristianizaban e protexían a muíño e muiñeiro.

3. TREVISCO (Daphne gnidium)

Arbusto con efecto purgante e tóxico nas súas follas e cortiza. O froito é unha fermosa baga vermella tamén velenosa. Os veciños de Borneiro recollían trobisco do Roncaduiro para matarlle os piollos ás vacas. Este arbusto tamén era utilizado en rituais para sacar o mal do aire.

4. CANTIGAS POPULARES

Nas Notas etnográficas da parroquia de Borneiro, o etnógrafo ourensán Xaquín Lorenzo, Xocas, recolleu cantigas da importante tradición oral cabanesa xurdida ó redor dos muíños como lugares de xuntanza onde os veciños aproveitaban a espera na moenda, para narrar contos, bailar a muiñeira ou cantar: 

O muíño no é muíño,
que é a capilla dos ratos,
donde se daban os bicos
e mailos moitos abrazos.

Mui muíño, mui muíño,
bótame a fariña fóra,
que a filla da muiñeira
ten un andar que namora.

Fun ó muíño con Paula,
fun ó muíño con ela;
fun ó muíño con Paula,
fun en paz e vin en guerra.

No muíño donde eu moio
tamén moi unha señora;
chégalle o gran, queridiña,
chégalle o gran que non roia.

Ruta do rego dos muíños R-3 (en castellano)

Panel (I)

Panel (II)

Panel (III)

Galego
Erro | Concello de Cabana

Erro

O sitio web atopou un erro inesperado. Por favor, inténteo de novo máis tarde.

Mensaxe de erro

  • Deprecated function: mb_strlen(): Passing null to parameter #1 ($string) of type string is deprecated en drupal_strlen() (liña 482 de /usr/home/concello-cabana/www/includes/unicode.inc).

  • Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /usr/home/concello-cabana/www/includes/common.inc:2861) en drupal_send_headers() (liña 1554 de /usr/home/concello-cabana/www/includes/bootstrap.inc).
  • Error: Call to undefined function each() en SimplenewsSpool->nextSource() (liña 273 de /usr/home/concello-cabana/www/sites/all/modules/simplenews/includes/simplenews.source.inc).