- PORTADA
- CONCELLO
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- CULTURA
- DEPORTES
- EMPREGO
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- FUNCIÓNS
- BOLSA DE EMPREGO
- Plan de Emprego Local (PEL Reactiva)
- COWORKING
- CMAT – Costa da Morte Asociación Turística
- PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO: ReActiva
- PROXECTO REDE XIANA
- GALP Costa da Morte
- PLAN REVIVE COSTA DA MORTE
- OBRADOIRO DE EMPREGO “ESCOLA DE VELA DA COSTA DA MORTE- FASE II"
- FORMACIÓN
- SERVIZO GALEGO DE COLOCACIÓN
- SUBVENCIÓNS
- EN IMAXES
- LIGAZÓNS
- CONTACTO
- SERVIZOS SOCIAIS
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- PROGRAMAS BÁSICOS
- PROGRAMA DE EDUCACIÓN FAMILIAR
- PROGRAMA DE VOLUNTARIADO
- ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "A CASA DOS TÍTERES"
- BENEFICIO FAMILIAS NUMEROSAS
- FAMILIA
- CENTRO DE MAIORES
- II PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES PARA HOMES E MULLERES
- CONVOCATORIA DE AXUDAS
- LIGAZONS
- CONTACTO
- POLICÍA LOCAL
- PROTECCIÓN CIVIL
- URBANISMO
- TURISMO
- PRESENTACIÓN
- RUTAS TURÍSTICAS
- SENDA DOS ANLLÓNS
- SENDEIROS POR CABANA
- PERSOEIROS
- ROMARÍAS
- PRAIAS
- GUÍA DE HOSTALARÍA
- PATRIMONIO
- HISTORIA
- PUBLICACIÓNS
- SERVIZOS PÚBLICOS
- CONTRATACIÓN
- PERFIL DO CONTRATANTE
- SELECCIÓN DE PERSOAL
- CONTRATOS MENORES
- NOVAS
- AXENDA
- CONTACTO
R-2. Tralas pegadas dos Riobó
PUNTOS DE INTERESE:
1. LUGAR DA MATA (SAÍDA / CHEGADA)
2. IGREXA DE S. MARTIÑO DE RIOBÓ
3. TORRE DA PENELA
4. VAL DA BARCIA
5. POZO DA HORCA
6. CASTRO E CAPELA DE SAN BRAIS DO FOLGOSO
7. MUÍÑOS DOS ABELÁNS
Resume do percorrido
Este percorrido transcorre por un interior de Cabana de Bergantiños que amosa curtos vales, elevadas altitudes e importantes elementos patrimonais entre os que salientan arquitecturas defensivas como a Torre da Penela ou o mellor retablo barroco do concello na parroquial de San Martiño.
Por terreos do antigo condado da Penela, berce da nobre familia Riobó, as aldeas preséntanse pequenas e conformadas por un escaso número de vivendas debido ós poucos terreos cultivables e á enorme ocupación dos bosques.
O ser humano deixou aquí unha pegada tan lonxeva que permanece no tempo en entornos etnográficos como o dos muíños dos Abeláns, o sacro-arqueolóxico de San Brais de Folgoso ou o espazo fluvial do Pozo da Horca.
RUTA:
Km. 0. A ruta comeza na Mata. Iniciamos camiñada cara á igrexa de San Martiño. Pasado o cemiterio, deixamos á esquerda un desvío que baixa a Soutochán que nos levaría directos ó Pozo da Horca, pero seguimos recto cara Riobó.
Km. 1.5. Riobó é unha aldea encaixada nun val entre montañas. Nunha das casas pedimos a chave para acceder á igrexa de San Martiño. O interior garda marabillas de arte relixiosa: dúas pías bautismais antigas, un arco triunfal con capiteis románicos, dúas sepulturas con escudos dos condes da Penela e o mellor retablo barroco do concello. Continuamos percorrido por detrás dunha canceliña metálica que dá paso a un camiño polos prados que atravesa o regato de Riba da Cancela e enlaza cunha corredoira ata a aldea da Penela.
A Torre da Penela é o único resto dunha fortaleza medieval que vixiaba o condado do mesmo nome. Os seus lindes marcábanos os cruceiros de Bello, Baneira e campo da Penela. O fundador do vínculo foi Lope Bermúdez. A principios do século XVII, Lorenzo Bermúdez de Castro converteuna en pazo. Os últimos apelidos nobres foron os do conde Javier Ozores Poderosa.
Ten formato cadrado. Na frontal aparece un escudo e unha porta con arco de medio punto de grandes doelas. Os cuarteis do escudo amosan as armas do remodelador: Bermúdez, Castro e Riobó. Outro escudo encástrase nos pés dun cabazo veciño.
A lenda de orixe do nome do lugar conta que uns soldados tiñan retida no cárcere da torre unha fermosa moza. Nun descoido, ela logrou fuxir, pero déronlle morte ó pé do cruceiro. Os veciños, que vían o acontecido, exclamaron: ?¡Pena... dela! ¡Pena... dela!?. Outra tradición di que quen pasaba as lindes do cruceirosalvábase.
Seguimos a frecha amarela ata fonte da Penela que nace nunha ladeira da aldea. É un conxunto de pedra no que dous canos verten auga nun sartego. A lenda conta que nela se agocha o encanto dunha feiticeira e fermosa dama branca.
Km. 2. Volvemos sobre os nosos pasos. Seguimos pola pista asfaltada cara á Barcia deixando á esquerda Riobó. Máis adiante, un atallo polo medio do monte lévanos ó val da Barcia (km. 4) e desde alí unha pista de terra que bordea o río déixanos na aldea de Soutochán.
Km. 4.7. Collemos un camiño de carro que nos leva ó desvío, de ida e volta, para visitar o Pozo da Horca. Batemos coa maxestosa fervenza da Baiabosa, a quen Eduardo Pondal dedicou versos coma estes: ?río de Bergantiños, / xentil e soador, / cando da Baiabosa / sae con rouco son, / entre miúdos seixos / de branca e leda cor?. Cóntase que no fondo do Pozo da Horca se esconde unha grade de ouro; tamén se di que desde aquí ata a Torre da Penela vai unha trabe de ouro; ademais, que o pozo vén ser un ollo do mar.
Km. 6. Recuamos sobre os nosos pasos e subimos á dereita por un camiño forestal ata o castro de Folgoso e a capela de San Brais, santo da gorxa. Ocastro é de pequeno tamaño e croa circular; presenta como particularidade a de ser un espazo precristián sacralizado mediante construción dunha ermida na súa acrópole. A capela data do século XVIII; presenta presbiterio a maior altura cá nave; no interior, conserva un retablo barroco.
Km. 7.2. Dirixímonos ó Folgoso. A derradeira visita son os tres muíños dos Abeláns. Ó seu carón restaurouse a marxe fluvial cun pequeno paseo e área recreativa.
Km. 9.5. Volvemos á aldea de Folgoso na que se conservou a tradición culinaria das filloas á pedra. A música tradicional tocada con pandeireta tamén mantén vivas pezas como a ?punteada e a xota de Folgoso? tocadas co puño pechado. Os últimos pasos lévannos outra vez ó café-bar Josefa da Mata por unha costenta pista asfaltada.
Galego