O Curro

Praia fluvial con acceso desde o lugar de Neaño (Cesullas). Con marea chea, convértese en dúas pequenas calas de ribeira fluvial. Con marea baixa, xúntanse os dous pequenos areais. É a praia cabanesa máis alta no curso do Anllóns. En verán conta con servizo de socorrismo. Posúe pequeno aparcadoiro. Este areal é un bo lugar para a observación de anátidas.

Galego