Cabanízate

CABANÍZATE é o sistema de notificación e xestión de incidencias urbanas dirixido aos cidadáns. Este servizo permite a calquera cidadán de calquera poboación suxerir ou reportar calquera incidencia coa que se atope no seu día a día.

Desde o módulo de notificación, os usuarios poden reportar incidencias e suxestións de maneira rápida e sinxela, con só acceder á web da plataforma desde calquera dispositivo, sen instalación ou descarga previas e sen complicacións de configuración.

Cada incidencia reportada é xeoposicionada de forma automática para facilitar a súa localización e acceso. O usuario pode achegar fotografías e comentarios, e estará permanentemente informado vía correo electrónico do proceso de xestión, evolución e resolución da súa incidencia.

Acceso ao reporte de incidencias.

Aplicacións móviles de Cabanízate para a xestión de incidencias dispoñible en:

Google Play Store Apple Store

Sen definir