Convocatoria do procedemento para avaliar e recoñecer as competencias adquiridas a través da experiencia profesional.

Sen definir

A Consellería de Traballo e Benestar convoca procedemento para recoñecer as competencias profesionais adquiridas pola experiencia laboral nas seguintes cualificacións:

- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio
Nº PRAZAS: 500
PRAZO DE SOLICITUDE: 13 novembro ata o 12 decembro 2013

- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
Nº PRAZAS: 500
PRAZO DE SOLICITUDE: 13 novembro ata o 12 decembro 2013

- Servizos para o control de pragas
Nº PRAZAS: 100
PRAZO DE SOLICITUDE: 13 novembro ata o 12 decembro 2013

- Información Xuvenil
Nº PRAZAS: 100
PRAZO DE SOLICITUDE: 13 novembro ata o 12 decembro 2013

- Socorrismo en espazos acuáticos naturais
Nº PRAZAS: 300
PRAZO DE SOLICITUDE: 1 ao 31 de marzo de 2014.

- Socorrismo en instalación acuáticas
Nº PRAZAS: 300
PRAZO DE SOLICITUDE: 1 ao 31 marzo de 2014.

Requisitos:

a) Nacionalidade española.

b) Ter 20 anos cumpridos no momento de realizala solicitude.

c) Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada cas competencias profesionais que se queren acreditar:
- Unidades de competencia nivel 2 e 3, xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2.000h traballadas en total nos últimos 10 anos.
- Formación non formal: para nivel 2 e 3 xustificar polo menos 300 horas.

d) Non estar matriculado nun curso de formación profesional inicial.

e) Non posuír un título de formación profesional ou certificado de profesionalidade que conteña as unidades de competencia que solicita.

Máis información: 
Servizo de orientación Cabana- Ponteceso (981 754020 / 981 715442)