Notificacións telemáticas

Subscrición ás NOTIFICACIÓNS TELEMÁTICAS do CONCELLO DE CABANA DE BERGANTIÑOS

QUE SON as notificacións electrónicas?

A notificación electrónica é un mecanismo telemático de notificación contemplado Lei 11/2007 de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.
Substitúe a notificación en papel e ten plena validez xurídica.

QUE TEÑO QUE FACER para que o Concello de Cabana de Bergantiños me notifique de forma electrónica?

O primeiro paso é indicar na solicitude que se queren recibir notificacións telemáticas para os expedientes que xere a dita solicitude.

Os formularios de solicitude do Concello de Cabana de Bergantiños incorporan unha cela na que se pide que se indique o enderezo electrónico habilitado, que non é máis que a conta de correo electrónico na que se recibirán os avisos de que se recibiu unha notificación.

A ONDE me chegan as notificacións?

As notificacións telemáticas chegan a través do servizo Notific@ da Xunta de Galicia: notifica.xunta.gal

Neste portal podemos consultar as notificacións que recibimos e aceptalas ou rexeitalas.

COMO SEI que recibín unha notificación?

Os avisos das notificacións telemáticas chegan ao enderezo electrónico habilitado indicado na solicitude.

O servizo tamén se pode configurar para recibilos por SMS.

QUE NECESITO para acceder ás miñas notificacións?

A nivel técnico, o que se necesita para poder acceder á plataforma Notific@ da Xunta de Galicia é o seguinte:

  • Certificado dixital ou DNI electrónico

Obtención e configuración:

- Certificados FNMT: http://www.cert.fnmt.es/gl/certificados

- DNI-e: https://www.dnielectronico.es/

  • Un navegador web moderno actualizado (Google Chrome, Mozilla Firefox)

Cada navegador e sistema operativo pode presentar particularidades. A Xunta de Galicia proporciona servizo técnico no teléfono 012 e no correo-e 012@xunta.es

  • Ter instalado e actualizado Java no equipo

Descarga e instalación: https://www.java.com/es/

  • Un enderezo de correo electrónico

Este enderezo é o chamado enderezo electrónico habilitado

COMO ACCEDO ás notificacións recibidas?

O proceso é o seguinte:

  • Accedemos a notifica.xunta.es
  • Prememos en “Entrar co certificado dixital”
  • Abrimos as notificacións pendentes que se desexemos ver

Cando recibimos a primeira notificación, o sistema danos de alta en Notific@ de forma automática, se non o estabamos antes, e seremos subscritos a todos os servizos do Concello de Cabana de Bergantiños.

Se por algún motivo nos désemos de alta na plataforma Notific@ antes de recibir a primeira notificación, deberemos subscribirnos manualmente a todos os servizos do “organismo emisor” Concello de Cabana de Bergantiños, seleccionando todos os servizos e premendo en “subscribir”.

QUE OUTRAS COUSAS podo facer?

No menú de opcións de Notific@ podemos configurar as seguintes funcionalidades:

  • Modificar os nosos datos persoais.

É recomendable revisalos a primeira vez que se accede á plataforma.

  • Engadir correos electrónicos adicionais para recibir avisos de notificacións.

Nos datos persoais, no campo de correo electrónico, pódende indicar varios enderezos, separados por punto e coma (;).

  • Indicar un número de móbil para recibir os avisos de notificación por SMS.
  • Autorizar a outras persoas para que podan acceder e/ou aceptar notificacións no noso nome.

 

Descargar instruccións.

Sen definir
Erro | Concello de Cabana

Erro

O sitio web atopou un erro inesperado. Por favor, inténteo de novo máis tarde.

Mensaxe de erro

  • Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /usr/home/concello-cabana/www/includes/common.inc:2861) en drupal_send_headers() (liña 1554 de includes/bootstrap.inc).
  • Error: Call to undefined function each() en SimplenewsSpool->nextSource() (liña 273 de sites/all/modules/simplenews/includes/simplenews.source.inc).