Convocatoria para contratación laboral na IBS Padre Rubinos.

Sen definir

Data: Dende o 22/10/2013 ata o 22/11/2013

Requisitos:

XERAIS: 
- Ter a nacionalidade española ou ser cidadán dun dos estados membros da Unión Europea.
- Ter unha idade non inferior a 18 anos e que non exceda da idade máxima de xubilación forzosa.
- Carné de Conducir B1.
- Non estar afectado por enfermidades ou limitacións físicas e/ou psíquicas que sexan incompatibles co desenvolvemento das funcións a realizar.

ESPECÍFICOS:

a) Auxiliar de enfermería: 
- Estar en posesión dun título de Técnico Medio en FP Coidados Auxiliares de Enfermería ou Técnico en Atención Sociosanitaria.
- Carné de Manipulador de Alimentos.
- Estar en situación de desemprego ou ter contrato laboral temporal igual ou inferior a un ano.

b) Enfermeiro/a:
- Estar en posesión dun título de Diplomado Universitario en Enfermería.
- Carné de Manipulador de Alimentos.
- Estar en situación de desemprego ou ter contrato laboral temporal igual ou inferior a un ano.
- Coñecementos de ofimática (Excel, Word, Access, Power Point,…)

c) Director/a Residencia de Anciáns:
- Estar en posesión do título de Licenciado/a
- Coñecementos de ofimática (Excel, Word, Access, Power Point,…) e navegación web

d) Director/a Escola Infantil: 
- Estar en posesión do título de Licenciado/a en pedagoxía ou Psicopedagoxía ou no seu caso do título de Mestre especialista en Educación Infantil acompañado dunha licenciatura universitaria.
- Coñecementos de ofimática (Excel, Word, Access, Power Point,…) e navegación web
- Acreditar a través dunha titulación oficial, coñecementos de nivel alto de inglés

Enlace:
www.padrerubinos.org
A Institución Benéfico Social Padre Rubinos convoca proceso de selección para a contratación laboral indefinida de: 25 auxiliares de enfermería, 2 enfermeiros/as, 1 director/a de escola infantil, 1 director/a de residencia de anciáns 

Bases completas en: http://www.padrerubinos.org/trabaja-con-nosotros/bolsa-de-trabajo.php

Estado: 
PECHADA