AXUDAS ECONÓMICAS ÁS FAMILIAS PARA A ATENCIÓN A DOMICILIO DE NENAS E NENOS MENORES DE 3 ANOS A TRAVÉS DO PROGRAMA BONO COIDADO

Galego

Normativa:
Orde do 11 de agosto de 2016 pola que se establecen as axudas económicas ás familias para a atención a domicilio de nenas e nenos menores de 3 anos a través do programa Bono coidado e se procede á súa convocatoria. (DOG nº161 do 26/08/2016)

Obxecto:
Regular a concesión e convocar axudas económicas ás familias con nenos e nenas menores de tres anos que teñan a súa residencia en Galicia e precisen dun recurso personalizado a domicilio para cubrir necesidades puntuais derivadas da conciliación das obrigas laborais e persoais e as responsabilidades familiares.

Período subvencionable:
Desde o día 27 de agosto de 2016. ata o 1 decembro de 2017.

Lugar de presentación:
A través da sede da Xunta de Galicia no enderezo: https://sede.xunta.es
Xefaturas Territoriais da Consellería de Política Social
Nos lugares dispostos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 e novembro.

Prazo: Ata o 30 de setembro de 2017.

Máis información.