INFORMACIÓN SOBRE A EMISIÓN E PRESENTACIÓN DA FACTURA ELECTRÓNICA.

Galego

Segundo a Lei 25/2013 de 27 de decembro, a partires do 15 de xaneiro de 2015 é obligatoria a emisión de factura electrónica e a súa presentación telemática.
O Concello de Cabana de Bergantiños acordou excluir da dita obriga mediante acordo plenario adoptado no mes de novembro, as facturas de ata un importe de 5.000 €, impostos incluídos. Transcríbese literal da base de execución do orzamento correspondente.

“BASE 20-BIS FACTURACIÓN ELECTRÓNICA

Estarán obrigados a facturar electronicamente todos os provedores que entregasen bens ou prestase servizos a este Concello dende o 15 de xaneiro de 2015 e en concreto, tal e como dispón o artigo 4 da Lei 25/2013, do 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturas no Sector Público:

- Sociedades anónimas.

- Sociedades de responsabilidade limitada.

- Persoas xurídicas e entidades sen personalidade xurídica que carezan de nacionalidade española.

- Establecementos permanentes e sucursais de entidades non residentes en territorio español nos termos que establece a normativa tributaria.

- Unións temporais de empresas.

- Agrupación de interese económico, Agrupación de interese económico europea, Fondo de Pensións, Fondo de capital risco, Fondo de investimentos, Fondo de utilización de activos, Fondo de regularización do mercado hipotecario, Fondo de titulización hipotecaria ou Fondo de garantía de investimentos.

En virtude da potestade regulamentaria conferida de acordo co apartado segundo do referido artigo, estarán excluídas da obriga de facturar electronicamente este Concello as facturas de ata un importe de 5.000 €, impostos incluídos.

Igualmente quedan excluídas das facturas emitidas polos provedores aos servizos no exterior, ata que as devanditas facturas poidan satisfacer os requirimentos para a súa presentación a través do Punto xeral de entrada de facturas electrónicas, de acordo coa valoración do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, e os servizos no exterior dispoñan dos medios e sistemas apropiados para a súa recepción nos devanditos servizos.”

Para poder facer posible a dita obriga o Concello de Cabana adheriuse ao FACE-Punto Xeral de Entrada de facturas electrónicas da Administración Xeral do Estado, e rematados os traballos de integración automática entre o aplicativo contable e FACE queda habilitada a posibilidade de que os proveedores presenten facturas electrónicas telemáticamente a partires do día 15.01.2015.

Aos efectos de completar os datos da facturación infórmaselles dos datos a incorporar ás facturas referidos aos datos dos códigos DIR3 da oficina contable, órgano gestor e unidade tramitadora que son os seguintes ( unha única relación : 

Oficina Contable
L01150145 SERVICIO INTERVENCIÓN

Órgano Gestor 
L01150145 ALCALDÍA/PLENO

Unidad Tramitadora 
L01150145 ALCALDÍA

Ligazóns Recomendas