Emprego e formación. Subvencións para apertura de novos establecementos comerciais.

Sen definir

Obxeto:
Axudas dirixidas a comerciantes detallistas,xa sexan persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade xurídica, comunicades de bens etc

Requisitos:- Desenvolver a actividade comercial en Galicia.
- Que, tendo a condición de peme, empreguen menos de 10 traballadores e non teñan a consideración de grande establemento comercial.
- Estar dado de alta nalgunha dos epígrafes do IAE que marca a Orde de subvención.
A data de alta no IAE ten que estar comprendida entre o 1 de novembro de 2013 e o 30 de xuño de 2014.
- Que figure inscrito no Rexistro Galego de Comercio ou ter solicitada a inscrición con anteriorioridade á data de finalización do prazo de solicitude.

Actuacións e gastos subvencionables:
Considéranse actuacións subvencionables sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas dende o 1 de novembro de 2013 ata o 10 de novembro de 2014, tales como:
- Acondicionamento do local comercial sempre que a superficie non supere os 150m2.
- Medidas orientadas a mellora da imaxe exterior e adquisición de moblaxe e equipamento (excluídos equipamentos informáticos, impresoras, tv,monitores, alarmas ou similares).
•- Investimentos en tecnoloxías da información e da comunicación: terminais de punto de venda, paquetes de software de xestión comercial e páxinas web comerciais.

Orde da convocatoria: Orde do 27 de decembro de 2013 da Consellería de Economía e Industria (DOG nº 23, do 4 de febreiro de 2014).

Forma de presentación: preferentemente por vía electrónica.

Prazo de presentación: dende o 5 de febreiro ata o 30 de xuño de 2014.

Máis información: axente de emprego do Concello

Erro | Concello de Cabana

Erro

O sitio web atopou un erro inesperado. Por favor, inténteo de novo máis tarde.

Mensaxe de erro

  • Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /usr/home/concello-cabana/www/includes/common.inc:2861) en drupal_send_headers() (liña 1554 de includes/bootstrap.inc).
  • Error: Call to undefined function each() en SimplenewsSpool->nextSource() (liña 273 de sites/all/modules/simplenews/includes/simplenews.source.inc).