CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO DE XOVES MENORES DE 30 ANOS.

Sen definir

Beneficiarios: 
Persoas desempregadas menores de 30 anos inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, que se constitúan como traballadores autónomos ou por conta propia.

Prazos: 
- Altas formalizadas dende o 01/10/2013 ata o 30/09/2014.

Requisitos: 
- Ter menos de 30 anos de idade na data da presentación de solicitude.
- Alta no réxime especial de autónomos entre o 1/10/2013 e o 30/09/2014.
- Non percibir a subvención do Programa de promoción do emprego autónomo nos 4 anos anteriores á data de inicio da actividade.
- Non desenvolver como autónomo a mesma ou similar actividade na mesma localidade nos 6 meses inmediatamente anteriores á data de inicio da nova actividade.

Convocatoria: Orde do 14 de maio de 2014 (DOG nº 100 do 27 de maio de 2014).

Tipos de axuda:
- Subvención para iniciativas de autoemprego xuvenil: 1.200€ por alta en autónomos dende a data de publicación da Orde ata o 30/09/2014.
- Establecemento como traballador autónomo: investimento mínimo 3.000€ (inmobilizado fixo), no período comprendido entre os 3 meses anteriores ao inicio da actividade e os 6 meses posteriores.
- Subvención financiera: 75% do préstamo deberá destinarse a inmobilizado fixo.

Máis información: 
traballo.xunta.es
- Axente emprego e desenvolvemento local. Tlf: 981 754020