CONVOCATORIA DAS PROBAS DE APTITUDE PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE XESTOR ADMINISTRATIVO.

Sen definir

Beneficiarios: 
Quen, á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, reúna os seguintes requisitos:
- Ser español.
- Ser maior de idade.
- Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha das administración públicas.
- Estar en posesión dalgún dos títulos académicos requeridos: dereito, ciencias económicas, ciencias empresariais, ciencias políticas ou as súas equivalencias.

Finalidade: 
Convocar as probas de aptitude para a obtención do título de xestor administrativo, que se rexerán polas bases contidas no anexo I da resolución.

Prazo de presentación de solicitudes: DOUS MESES (10 DE AGOSTO DE 2016).

Publicación: DOG nº 110. Venres, 10 de xuño de 2016 (Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza).

Máis información:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160610/AnuncioG0244-030616-0001_gl.html