Centos de deportistas daranse cita o vindeiro 23 de setembro na VIII carreira popular Dolmen de Dombate

Undefined

O Concello de Cabana acollerá o vindeiro 23 de setembro a oitava edición da carreira popular Dolmen de Dombate, na cal se darán cita centos de corredores para participar nunha proba integrada no IX circuíto provincial de carreiras populares da Deputación da Coruña.

A proba ten por obxectivo fomentar a práctica de actividade física e deportiva como medio para acadar unha vida máis saudable, e achegar este estilo de vida tamén á poboación en xeral para que se visite e poñer en valor o xacemento do Dolmen de Dombate.

A competición dará comezo ás das 17.00 horas coa saída das categorías sub-14, sub-16, sub-18 e sénior RK, con percorridos todas elas de tres quilómetros aproximadamente. Ás 17:45 tomarán saída as e os deportistas participantes da categoría sub-12, nadas e nados entre o 2012 e o 2013, cunha duración de aproximadamente 1 quilómetro.

Ás 18:00 horas, quenda dos sub-10, cun percorrido aproximado dun quilómetro. Ás 18:15 horas, os pitufo/biberón, nados e nadas entre os anos 2016 e 2020, ambos inclusive. Serán aproximadamente 300 metros de carreira. Corenta e cinco minutos despois, o resto de partidas: sub-20, sub-23, sénior, máster 1, máster 2, máster 3 e máster 4. Todas elas, as de 10 quilómetros.

A participación será de balde, e as persoas que desexen tomar parte disporán de servizo de buses, duchas e avituallamento durante a proba e ao remate da mesma. Os horarios e percorridos pódense consultar no enderezo web municipal. As persoas interesadas poderán realizar a súa inscrición ata o vindeiro luns 18 de setembro no portal www.championchipnorte.com.

No caso dos participantes menores de idade tamén será preciso un xustificante de autorización paterna dispoñible na mesma páxina.