Onde Cabana é mar

Unidade didáctica
Roberto Figueroa e Fancisco Brea (cem, s. coop. ltda.)
Concello de Cabana de Bergantiños, 1997

Caderno de traballo medioambiental pensado para o alumnado que realiza percorridos pedagóxicos por Cabana de Bergantiños. Nel ofrécese a seguinte información: situación xeográfica do concello, a carpintería de ribeira, lendas, as rías, a costa rochosa coa súa flora e fauna, o esteiro do Anllóns tamén coa súa flora e fauna, así como a Cidá de Borneiro. O caderno conclúe con dúas actividades lúdicas e bibliografía para ampliar información. A revisión lingüística correu a cargo de Xosé Manuel Varela.

Galego