Notas Etnográficas da parroquia de Borneiro

Xaquín Lorenzo Fernández
Concello de Cabana de Bergantiños / Dirección Xeral de Política Lingüística, 2004

No ano 2.004, o ourensán Xaquín Lorenzo Fernández, Xocas, foi honrado co Día das Letras Galegas. O Concello de Cabana de Bergantiños tamén quixo sumarse ás institucións que renderon homenaxe a este etnógrafo. ¿Como? Xaquín Lorenzo foi un dos primeiros escavadores do castro A Cidá. Como froito da súa estadía en Cabana escribiu o artigo ?Notas etnográficas da parroquia de Borneiro?. 

O estourido da Guerra Civil española impediu a publicación da revista na que este artigo en galego ía ver a luz. Anos máis tarde sería publicado en lingua castelá. Desde aquela dábase por desaparecida a súa versión en galego. A presente edición é o rescate do artigo na súa lingua orixinal e supón a merecida recuperación dun texto histórico dos tempos do Seminario de Estudos Galegos. 

O traballo recolle aspectos etnográficos de Borneiro como a casa, as súas construcións anexas, o carro, apeiros de labranza, o muíño, os cabazos e un cancioneiro popular. A presente edición vai acompañada dunhas propostas didácticas elaboradas polos cabaneses Carme Fariña Miranda, Ángel Eiroa Pose, Ana Pastora Recarey Lema e Martín Martínez Rioboo.

Galego