Concurso ‘Crea un Meco’ 2023

Sen definir

O Concello de Cabana de Bergantiños convoca novamente o concurso ‘Crea un Meco’, que tanto éxito de convocatoria colleitara en pasadas edicións. Poderá participar toda a veciñanza, independentemente da idade, e o boneco gañador recibirá unha tablet. Poderanse achegar as propostas a través de imaxes e vídeos no enderezo cultura.concello@gmail.com ou a través de mensaxe de WhatsApp no número 609 21 22 30. O prazo de presentación será desde mañá, 2 de febreiro, e ata o día 22 do mesmo mes, en calquera dos formatos sinalados anteriormente. As pezas audiovisuais non poderán exceder nunca os 3 minutos de duración. As persoas que participen deberán aparecer co ‘Meco’ creado. As bases poden consultarse desde hoxe na páxina web do Concello de Cabana de Bergantiños. O xurado terá en conta a orixinalidade do Espantallo, o vistoso que sexa, creatividade e imaxinación. Poderá ser unha representación alegórica ás labores do campo, do mar, o espertar da natureza, ou expulsar a invernía e os malos augurios, ou á fantasía. Deberá sosterse, o boneco, nun soporte e o xurado terá en conta que se realice con materiais reciclados que respecten o medio ambiente. Terá que ser orixinal e o premio outorgarase á peza que a xuízo do xurado sexa máis representativa da temática.