OUTONO CULTURAL 2022

Sen definir

Non vos perdades a programación cultural do Concello de Cabana para este outono!

Teatro, contacontos, cine e música integran a variada oferta de actividades municipais!

Tamén regresarán algúns dos eventos máis sinalados do ano como a Romaría de Inverno no verán de San Martiño, o roteiro máxico ‘As cores do Samaín’ ou o Festival 'As Nosas Músicas', entre outros.

Ademais, o 25 de novembro terá lugar a a xornada ‘A visibilidade da muller: Somos unha voz importante” e o 3 de decembro a presentación de ‘Na lingua que eu falo’, da poetisa cabanesa Matilde Vilariño Pose.

Consulta toda a programación aquí!