Ruote

Ruote en Edimburgo

· "Muiñeira vella de Borneiro"
(Ruote, 1998)

Na noite do 20 de xullo de 1998, as voces e instrumentos de Pablo Díaz,Olga KirkNives Rabuñal Mercedes Varela soaron na Tron Tavern Ceilidh House de Edimburgo (Escocia). Dese concerto gravado en directo saíu o CD"Ruote en Edimburgo" no que se inclúe, como terceiro corte, a "Muiñeira vella de Borneiro". A peza foi aprendida por este grupo de recolleita de música tradicional no ano 1993. Con ela, Ruotelevou a terras escocesas o petar da pandeireta co puño pechado da parroquia cabanesa de Borneiro.

A letra desta muiñeira é a seguinte:
 

Este bailador no tiene,
este bailador no tiene;
o bailador da ribeira
baila na punta do pé.

Bailade a modo por Dios,
bailade a modo por Dios;
se rompéde-lo sobrado
Dios se apiade de vós.

Eu e maila compañeira
á foliada viñemos;
terémolo que pagar
algún mal, si o fixemos.

Viva Dombate e A Gandra,
Vilaseco e Fontefría;
estas eran as partidas
onde me eu adivertía.



A última cantiga desta peza xa fora recollida polo etnógrafo Xaquín Lorenzo Fernández na década dos anos trinta do século XX cando participou nas escavacións do castro A Cidá de Borneiro.

Galego