A rapazada de Cabana participou esta mañá na actividade ‘Fai clic o teu bocata’

Galego

<p>Cabana, 23 de agosto 2022 – A rapazada de Cabana participou esta mañá na actividade ‘Fai clic o teu bocata’, unha iniciativa impulsada pola Consellería do Mar para potenciar o interese dos nenos e nenas polo consumo dos produtos do mar, incidindo nas dietas equilibradas e valorizar en conserva de Galicia. Trátase dunha iniciativa impulsada pola Consellería do Mar para potenciar o interese dos nenos e nenas polo consumo dos produtos do mar, incidindo nas dietas equilibradas e valorizar os produtos en conserva de Galicia. Tivo lugar no Polideportivo municipal, onde acudiron unha vintena de cativos e cativas, onde lles transmitiron a importancia destes produtos na dieta, así como o fomento do seu consumo. A través deste obradoiro, a rapazada puido coñecer máis fondamente as especies e o papel das persoas consumidoras á hora de preservar os recursos mariños. Tamén puideron manipular os alimentos do mar desde un punto de vista gastronómico, empregando produtos en conserva como base para realizar pratos sinxelos como un bocata.</p>