Donaire e Torás

Cantos vellos para rapaces novos

· "Punteada e Xota de Folgoso"
(Runa Records, 2001)

O lugar de Folgoso pertence ás parroquias interiores de Cabana de Bergantiños. Un instrumento tan humilde como a pandeireta servía para xuntar a homes e mulleres da redonda para tocar e bailar. Nesta punteada (muiñeira) e xota combínanse os modos de tocar das vellas e novas pandeireteiras: o tocar máis antigo, co puño pechado, e o tocar roscado das mulleres máis novas.

A letra destas cancións é a seguinte:

 

Punteada de Folgoso

Muiñeira da ribeira,
muiñeira ribeirana,
muiñeira da ribeira
tócoche de mala gana.

Se canto, dinme que canto;
se lloro, dinme que lloro;
se me ven falar contigo,
dinme que si me namoro.

El corazón de mi amante
dicen que lo tengo yo;
que lo tengo si es cierto,
pero de mi amante no.

Como quieres que me valla
contigo a la alameda,
si soy casado y no puedo
olvidar a mi morena.

 

Xota de Folgoso

E vira e vira
e volve a virar,
a volta da vira
é mala de dar.

Eu pidinllo a unha nena,
ela díxome primeiro:
esta somana non podo,
que teño que ir ó Ribeiro.

E vira e vira,
se non viro eu;
teu pai é meu sogro,
teu amor son eu.

As miñas mans son de prata,
heinas de saber dourar;
saben tocar o pandeiro,
mellor saben traballar.

E vai de rondiña
e vai de ronda;
e vai de rondiña
para ti Jusé.
Galego