- PORTADA
- CONCELLO
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- CULTURA
- DEPORTES
- EMPREGO
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- FUNCIÓNS
- BOLSA DE EMPREGO
- Plan de Emprego Local (PEL Reactiva)
- COWORKING
- CMAT – Costa da Morte Asociación Turística
- PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO: ReActiva
- PROXECTO REDE XIANA
- GALP Costa da Morte
- PLAN REVIVE COSTA DA MORTE
- OBRADOIRO DE EMPREGO “ESCOLA DE VELA DA COSTA DA MORTE- FASE II"
- FORMACIÓN
- SERVIZO GALEGO DE COLOCACIÓN
- SUBVENCIÓNS
- EN IMAXES
- LIGAZÓNS
- CONTACTO
- SERVIZOS SOCIAIS
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- PROGRAMAS BÁSICOS
- PROGRAMA DE EDUCACIÓN FAMILIAR
- PROGRAMA DE VOLUNTARIADO
- ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "A CASA DOS TÍTERES"
- BENEFICIO FAMILIAS NUMEROSAS
- FAMILIA
- CENTRO DE MAIORES
- II PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES PARA HOMES E MULLERES
- CONVOCATORIA DE AXUDAS
- LIGAZONS
- CONTACTO
- POLICÍA LOCAL
- PROTECCIÓN CIVIL
- URBANISMO
- TURISMO
- PUBLICACIÓNS
- SERVIZOS PÚBLICOS
- CONTRATACIÓN
- PERFIL DO CONTRATANTE
- SELECCIÓN DE PERSOAL
- CONTRATOS MENORES
- NOVAS
- AXENDA
- CONTACTO
O Concello abre un proceso de participación cidadá para o proxecto de rehabilitación da escola infantil municipal ‘A Casa dos Títeres’

Sen definir
O Concello de Cabana acaba de abrir un proceso de participación cidadá para elaborar un proxecto de rehabilitación sostible da escola infantil municipal ‘A Casa dos Títeres’. Todas as persoas ou entidades que queiran participar na iniciativa poden trasladar as súas aportacións a través do formulario en liña: https://bit.ly/3K6szpK.
Para realizar aportacións deberanse ter en conta unha serie de criterios relacionados coa eficiencia enerxética, a accesibilidade, habitabilidade e seguridade das instalacións, así como a propia conservación do edificio.
Entre as características das contribucións deben figurar propostas de mellora da eficiencia das instalacións térmicas, da instalación eléctrica, do sistema de calefacción, produción de auga quente, sanitaria e ventilación, así como o uso de enerxías renovables e da envolvente térmica.
Desde o goberno local explican que o obxectivo da iniciativa pasa por “poñer en valor a opinión das persoas usuarias e reformar as instalacións actuais para que ofrezan un servizo adaptado ás súas necesidades en consonancia cos criterios de eficiencia enerxética”.