San Pedro de Corcoesto

Cruceiro do Adro

Está construído en granito. A plataforma e o pedestal están enterrados. Ten mesa adosada ó varal. Este é cadrado con chafráns. O capitel é cadrangular moldurado e con volutas. A cruz é circular recrucetada.

 

Cruceiro de Baneira

Construído totalmente en formigón. A plataforma é cadrangular de un grado. O pedestal é troncopiramidal. O varal é cadrangular con estrías; está policromado. O capitel é cadrangular moldurado. A cruz é circular con idéntica decoración ó cruceiro de Ternande.

 

Cruceiro de Santa Mariña do Remuíño

É outro dos cruceiros singulares do concello. Está construído en granito. A plataforma está enterrada. O pedestal é cadrangular. O varal é cadrado con chafráns. O capitel é cilíndrico, con astrágalo circular liso, ábaco de lados curvos, vértices agudos, aparecen caras e follas de bordos lobulados. A cruz é cadrangular con brazos achafranados, cartela de INRI, coroa de espiñas, cravos e corazón con sete espadas.

Galego