- PORTADA
- CONCELLO
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- CULTURA
- DEPORTES
- EMPREGO
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- FUNCIÓNS
- BOLSA DE EMPREGO
- Plan de Emprego Local (PEL Reactiva)
- COWORKING
- CMAT – Costa da Morte Asociación Turística
- PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO: ReActiva
- PROXECTO REDE XIANA
- GALP Costa da Morte
- PLAN REVIVE COSTA DA MORTE
- OBRADOIRO DE EMPREGO “ESCOLA DE VELA DA COSTA DA MORTE- FASE II"
- FORMACIÓN
- SERVIZO GALEGO DE COLOCACIÓN
- SUBVENCIÓNS
- EN IMAXES
- LIGAZÓNS
- CONTACTO
- SERVIZOS SOCIAIS
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- PROGRAMAS BÁSICOS
- PROGRAMA DE EDUCACIÓN FAMILIAR
- PROGRAMA DE VOLUNTARIADO
- ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "A CASA DOS TÍTERES"
- BENEFICIO FAMILIAS NUMEROSAS
- FAMILIA
- CENTRO DE MAIORES
- II PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES PARA HOMES E MULLERES
- CONVOCATORIA DE AXUDAS
- LIGAZONS
- CONTACTO
- POLICÍA LOCAL
- PROTECCIÓN CIVIL
- URBANISMO
- TURISMO
- PRESENTACIÓN
- RUTAS TURÍSTICAS
- SENDA DOS ANLLÓNS
- SENDEIROS POR CABANA
- PERSOEIROS
- ROMARÍAS
- PRAIAS
- GUÍA DE HOSTALARÍA
- PATRIMONIO
- HISTORIA
- PUBLICACIÓNS
- SERVIZOS PÚBLICOS
- CONTRATACIÓN
- PERFIL DO CONTRATANTE
- SELECCIÓN DE PERSOAL
- CONTRATOS MENORES
- NOVAS
- CONTACTO
Rosalía de Castro achégase á biblioteca María Baña de Cabana nunha xornada con música e poemas en directo
Sen definir
<p>A poeta Rosalía de Castro viaxou este 23 de febreiro, día dedicado á súa figura, ata as instalacións da biblioteca municipal María Baña. A xornada contou con música e poemas en directo de man da Escola Municipal de Teatro. Acompañada do seu marido, o historiador Manuel Murguía, Rosalía achegouse esta tarde ata as instalacións da biblioteca cabanesa para ofrecer unha mostra do seu poemario ao público local. A caracterización e representación, que correu a cargo da rapazada da Escola Municipal de Teatro, estivo centrada en enxalzar a vida, obra e importancia dunha das nais das Letras Galegas. Programación de Entroido Este acto serviu tamén como punto de partida da programación cultural de Entroido, que comezará os días 26 e 27 de febreiro co percorrido polas parroquias cabanesas do ‘tren entroideiro’. Nesta cita tamén participará a Escola Municipal de Teatro, desta vez caracterizada como a Charanga Infantil dos Cabezóns, ademais do grupo de música ‘Os Farrapos’. Os horarios das visitas polas parroquias e o resto da programación están dispoñibles nas redes sociais e na páxina web municipal, www.cabana.gal. Concurso ‘Crea un meco’ Lémbrase tamén que está activa unha nova edición do concurso ‘Crea un meco’, que no 2021 colleitou unha excelente acollida por parte de veciñanza. O certame consiste na elaboración dun boneco ou un espantallo que deberá ser colocado nunha propiedade privada (casa, horta, leira, xardín...) da persoa participante. Deberá ser unha representación con temática asociada aos traballos de campo, do mar, o espertar da natureza ou expulsar a invernía e os malos augurios. As fotos e vídeos do meco poderán enviarse a través de WhatsApp no 609 212 230 ou no correo cultura.concello@gmail.com. Non haberá límite de idade para participar e a persoa gañadora levará unha tableta electrónica. O prazo estará aberto ata o 2 de marzo. A resolución publicarase o venres 4 de marzo. As bases estarán dispoñibles en www.cabana.gal.</p>