San Paio de Cundíns

Cruceiro do Igrexario

Combina materiais de formigón e granito. Ten dúas plataformas: unha de formigón para salvar a pendente do terreo e outra de granito de tres graos. O pedestal é cadrangular e remata con chafráns. Ten mesa adosada. O varal é octogonal comezado e rematado en cadrado. O capitel é cadrangular moldurado nel aparecen cabezas de anxos con ás. A cruz é cadrangular, de brazos con chafráns e tamén cabezas de anxos con ás. No anverso aparece Cristo crucificado con tres cravos, ladea a cabeza á dereita, ten mans abertas, coroa de espiñas, cartela de INRI, pano de pureza atado á dereita, pousa os pés sobre unha caveira con tibias, enriba súa cabeza aparece a cara do Pai coma no cruceiro de San Fins, ós seus lados están a Virxe e San Xoán. No reverso, aparece unha Virxe orante coas mans xuntas.

Galego