Rosalía de Castro visitará Cabana dentro da programación do Entroido, que contará cunha nova edición do concurso ‘Crea un meco’

Sen definir

<p>O departamento de Cultura do Concello de Cabana acaba de presentar o calendario de actividades para os meses de febreiro e marzo. A conmemoración do Día de Rosalía de Castro, o Entroido e o Día da Muller protagonizan unha programación con especial presenza do alumnado da Escola Municipal de Teatro. O calendario comezará o 23 de febreiro. Día de Rosalía de Castro, coa visita teatralizada da poeta e o seu marido, Manuel Murguía, á biblioteca municipal María Baña. O evento estará a cargo da rapazada da Escola de Teatro e contará con música e poemas en vivo para homenaxear a unha das nais das Letras Galegas. Para asistir será necesario inscribirse chamando ao 981 754 020. Os días 26 e 27 de febreiro, o ‘tren entroideiro’ dará inicio ás celebracións co seu particular percorrido polas parroquias cabanesas de man do grupo de música ‘Os Farrapos’ e a Escola Municipal de Teatro, que nesta ocasión se converterá na Charanga Infantil dos Cabezóns para a ocasión. Estes serán os horarios aproximados das visitas: 26 de febreiro 15:30 horas. Igrexa de Cundíns. 16:15 horas. A Pedra, Nantón. 16:50 horas. Taberna da Mata, Riobó. 17:25 horas. Igrexa de Corcoesto. 18:00 horas. Silvarredonda. 18:30 horas. Taberna de Beres. 18:50 horas. Campo da festa do Esto. 27 de febreiro 10:35 horas. Igrexa de Borneiro. 11:45 horas. Igrexa de Canduas. 12:15 horas. Praza de Neaño. 12:45 horas. Igrexa de Cesullas. 13:30 horas. Taberna de Anos. A programación de Entroido culminará o martes 1 de marzo no pavillón municipal, que acollerá desde as 17:00 horas unha sesión de inchables, obradoiros, música e actuacións entroideiras cargadas de diversión a cargo da compañía Catropés e a discoteca móbil Impacto e Begoña García. A partir das 18:30 horas comezará a pasarela infantil de disfraces e a de comparsas, que contará cun concurso con premios en metálico cuxa inscrición estará aberta dende o 21 ao 28 de febreiro. Neste mesmo período será necesario inscribirse para asistir ao pavillón chamando ao 981 754 020. Será necesario presentar o certificado covid ou o correspondente código QR. O xoves 3 de marzo, Pedras de Cartón representará a obra ‘Quixote’ ás 12:00 horas nas instalacións do auditorio municipal. Trátase dunha versión galardoada no Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro 2021 da clásica novela con Don Quixote e o seu escudeiro Sancho como protagonistas. Por outra banda, en conmemoración do Día Internacional da Muller, 8 de marzo, realizarase unha visita á Coruña e un roteiro para coñecer máis en profundidade ás mulleres senlleiras da comarca. Será necesario inscribirse chamando ao 981 754 020 dende o 21 ata o 28 de febreiro. O centro arqueolóxico do Dolmen de Dombate acollerá o día 16 de marzo ás 18:30 horas a presentación da exposición ’50 anos cambiando a historia do cancro’ cedida pola Asociación Española contra o Cancro. A inauguración estará a cargo de Miguel Vázquez López, investigador Idea Semilla AECC na Universidade de Santiago de Compostela. A mostra estará dispoñible ata o 31 de marzo. O domingo 20 de marzo chegará a quenda do contacontos Magín Blanco coa súa proposta ‘O que levamos nas maletas’, cuxa sesión comezará ás 18:00 horas nas instalacións do auditorio municipal. Será necesario inscribirse chamando ao 981 754 020. O día seguinte, luns 21, desenvolverase a actividade ‘Educar na natureza’ na Reitoral de Nantón. A partir das 11:30 iniciarase unha xornada dedicada á plantación de árbores autóctonas no xardín anexo á Reitoral. O martes 22 de marzo volverá subir o pano no auditorio municipal con Talía Teatro e ‘A parábola do Aganzo’. A representación comezará ás 16:00 horas. A derradeira cita da programación chegará o domingo 27 de marzo ás 18:00 horas no auditorio municipal. Será a quenda das Avoas de Laxe Teatro co seu ‘Facede o favor... pensade’. Será necesaria a inscrición previa para asistir ao espectáculo chamando ao 981 754 020. Todas as actividades levaranse a cabo seguindo as directrices e normativas sanitarias vixentes para previr contaxios pola covid-19, polo que están suxeitas a calquera cambio de data. Manterase un estrito control dos aforamentos, distancia de seguridade, uso da máscara e hixiene. Concurso ‘Crea un meco’ Por segundo ano consecutivo, o departamento de Cultura convoca o concurso ‘Crea un meco’, que no 2021 colleitou unha excelente acollida por parte de veciñanza. O certame consiste na elaboración dun boneco ou un espantallo que deberá ser colocado nunha propiedade privada (casa, horta, leira, xardín...) da persoa participante. Deberá ser unha representación con temática asociada aos traballos de campo, do mar, o espertar da natureza ou expulsar a invernía e os malos augurios. As fotos e vídeos do meco poderán enviarse a través de WhatsApp no 609 212 230 ou no correo cultura.concello@gmail.com. Non haberá límite de idade para participar e a persoa gañadora levará unha tableta electrónica. O prazo estará aberto ata o 2 de marzo. A resolución publicarase o venres 4 de marzo. As bases estarán dispoñibles en www.cabana.gal. Horarios do Dolmen de Dombate Por outra banda, o centro arqueolóxico do Dolmen de Dombate amplía os seus horarios de visitas para escolares de martes a venres con obradoiros de prehistoria gratuítos. O alumnado que o desexe, a maiores, poderá desfrutar dos obradoiros os xoves e os venres. O horario de atención será de martes a venres de 10:00 a 14:00 horas e as fins de semana de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.</p>