- PORTADA
- CONCELLO
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- CULTURA
- DEPORTES
- EMPREGO
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- FUNCIÓNS
- BOLSA DE EMPREGO
- Plan de Emprego Local (PEL Reactiva)
- COWORKING
- CMAT – Costa da Morte Asociación Turística
- PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO: ReActiva
- PROXECTO REDE XIANA
- GALP Costa da Morte
- PLAN REVIVE COSTA DA MORTE
- OBRADOIRO DE EMPREGO “ESCOLA DE VELA DA COSTA DA MORTE- FASE II"
- FORMACIÓN
- SERVIZO GALEGO DE COLOCACIÓN
- SUBVENCIÓNS
- EN IMAXES
- LIGAZÓNS
- CONTACTO
- SERVIZOS SOCIAIS
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- PROGRAMAS BÁSICOS
- PROGRAMA DE EDUCACIÓN FAMILIAR
- PROGRAMA DE VOLUNTARIADO
- ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "A CASA DOS TÍTERES"
- BENEFICIO FAMILIAS NUMEROSAS
- FAMILIA
- CENTRO DE MAIORES
- II PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES PARA HOMES E MULLERES
- CONVOCATORIA DE AXUDAS
- LIGAZONS
- CONTACTO
- POLICÍA LOCAL
- PROTECCIÓN CIVIL
- URBANISMO
- TURISMO
- PRESENTACIÓN
- RUTAS TURÍSTICAS
- SENDA DOS ANLLÓNS
- SENDEIROS POR CABANA
- PERSOEIROS
- ROMARÍAS
- PRAIAS
- GUÍA DE HOSTALARÍA
- PATRIMONIO
- HISTORIA
- PUBLICACIÓNS
- SERVIZOS PÚBLICOS
- CONTRATACIÓN
- PERFIL DO CONTRATANTE
- SELECCIÓN DE PERSOAL
- CONTRATOS MENORES
- NOVAS
- CONTACTO
Remata a renovación da tubaxe de abastecemento do depósito do Picón, en Cesullas, cun investimento de 48.000 euros
Sen definir
<p>O Concello de Cabana rematou os traballos de mellora do depósito do Picón, na parroquia de Cesullas, un proxecto cofinanciado coa Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no que se destinaron 48.000 euros. Esta intervención incluíu a retirada dun treito de 465 metros de tubaxe cuxa vida útil estaba a piques de esgotarse e a súa reposición cunha nova canalización que permite garantir a subministración de auga potable á práctica totalidade dos núcleos costeiros do municipio en épocas de seca. Cómpre destacar que a rede xeral de abastecemento de auga de Cabana de Bergantiños componse dun sistema complexo integrado por dúas redes interconectadas, que son a de Cesullas e Canduas, para dotar de auga potable á poboación. Ademais, o municipio conta cunha rede independente en Rempenín para abastecer os núcleos interiores. O alcalde, José Muíño, destacou que “coa renovación da rede de Cesullas estase a realizar un traballo esencial para asegurar un servizo básico á veciñanza sobre todo en períodos de seca”. “O do Picón é un dos depósitos que manteñen abastecida de auga potable todos os fogares da parte costeira de Cabana, polo que conservar a infraestrutura en boas condicións é clave”, engadiu. Esta actuación únese á mellora executada na estación depuradora de augas residuais (EDAR) do Lodeiro, na que se puxo en marcha o tratamento de residuos mediante raios UV e na que se modernizou totalmente o funcionamento das instalacións.</p>