Cabana estrea melloras na estación de tratamento de augas residuais do Lodeiro cun investimento de 50.000 euros

Sen definir

<p>O Concello de Cabana acaba de concluír os traballos nun importante proxecto infraestrutural que posibilita unha gran mellora na rede de tratamento de augas residuais do municipio. O alcalde, José Muíño, comprobou esta semana os resultados finais nas actuacións executadas na estación depuradora de augas residuais (EDAR) do Lodeiro. Púxose en marcha o tratamento de residuos mediante raios UV e incorporáronse novos sensores, sondas, controladores e transmisores co obxectivo de modernizar e incrementar a eficiencia enerxética das instalacións. O investimento neste proxecto rolda os 50.000 euros. O rexedor cabanés aproveitou a conclusión dos traballos para destacar “a importante mellora acadada con esta renovación, que non só asegura o correcto funcionamento dun servizo esencial como é o abastecemento e o tratamento da auga, senón que permite lograr un maior aforro enerxético e económico para as arcas municipais”.</p>