A Xunta de Galicia inicia traballos de acondicionamento no Castro de Borneiro

Sen definir

<p>O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou o Castro de Borneiro esta mañá xunto ao alcalde de Cabana, José Muíño. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade está a executar traballos de conservación e posta en valor do recinto arqueolóxico. A actuación inclúe a limpeza e a consolidación dos muros que o necesiten, así como o acondicionamento da plataforma de madeira. O obxectivo é asegurar a estabilidade das estruturas co mínimo impacto ambiental posible.</p>