Santo Estevo de Anos

Mámoa da Medoña

O lugar da Medoña debe, con toda seguridade, o seu nome á antiga existencia dun dolmen ou mámoa que hoxe se encontra desfeito polas vivendas actuais.

 

Mámoa nº 1 da Eirita

Ten 10 m de diámetro e 40 cm de altura; atópase en terreos de monte baixo; o estado de conservación é bo.

 

Mámoa nº 2 da Eirita

Ten 13 m de diámetro e 80 cm de altura; encóntrase en terreos de monte baixo; un camiño de carro que pasa polo lado Leste altera o seu estado de conservación.

 

Mámoa nº 3 da Eirita

Ten 15 de diámetro e 80 cm de altura; encóntrase en terreos de monte baixo dedicados a eucaliptal; o estado de conservación é bo.

 

Mámoa nº 5 da Eirita

Ten 10 m de diámetro e 40 cm de altura; amosa evidencias de posuír coiraza pétrea; encóntrase en terreos de monte baixo dedicado a eucaliptal; o estado de conservación é bastante bo.

 

Mámoa nº 4 da Eirita

Ten 15 m de diámetro e 1,2 m de altura; encóntrase en terreos de monte baixo; o estado de conservación é bo.

 

Mámoa nº 5 da Eirita

Ten 10 m de diámetro e 40 cm de altura; amosa evidencias de posuír coiraza pétrea; encóntrase en terreos de monte baixo dedicado a eucaliptal; o estado de conservación é bastante bo.

 

Mámoa nº 6 da Eirita

Ten 14 m de diámetro e 70 cm de altura; encóntrase en terreos de monte baixo; un camiño de carro pasa por riba da súa metade Oeste e rebaixa a masa tumular por esta parte.

 

Mámoa nº 7 da Eirita

Ten 10 m de diámetro e 40 cm de altura; encóntrase en terreos de monte baixo; o estado de conservación é bo.

 

Mámoa nº 8 da Eirita

Ten 10 m de diámetro e 40 cm de altura; encóntrase en terreos de monte baixo; o estado de conservación é bastante bo aínda que pase un camiño de carro sobre a periferia do cadrante Noroeste que desfigurou un tanto o aspecto exterior desta mámoa.

 

Castro Guisande ou castro de Anos

Érguese nos límites de terreos de cultivo e monte baixo. Posúe unha ampla croa e antecastros defensivos. A croa é ovoidal duns 63 m de lonxitude e 52 m de ancho. No interior da croa, pódese observar outro recinto máis elevado de 40 m de lonxitude e 27 de ancho. 

De modo concéntrico, desde esta croa desenvólvese un antecastro que ofrece un maior desenvolvemento nos lados Sur e Leste. As partes defensivas do antecastro sitúanse en terreos de cultivo e por iso se encontran bastante desfeitas. Polo contrario, o resto do conxunto presenta un bo estado de conservación. Nel tense encontrado un obxecto cónico con inscricións que hoxe está en paradoiro descoñecido. A lenda conta que os mouros tenderon unha trabe de ouro subterránea entre castro Guisande e o Castelo de Borneiro. Esta é recíproca, dado que do castro borneirense se conta a mesma lenda.

 

Castro do Piñeiro

Encóntrase en terreos de monte baixo. Ten a particularidade de posuír unha croa circular duns 50 m de diámetro. Esta croa deféndese por un parapeto que ten alturas variables de 1 m ata 8 e un foxo polos lados Sur e Leste. O estado de conservación é excelente.

 

Muíño castrexo

No lugar do Vento tamén se descubriron restos arqueolóxicos da Idade de Ferro, dado que se encontraron alicerces de antigas construcións castrexas e un muíño de man en dúas pezas.

Galego