José Antonio Lema revalida o título de campión de España de Tiro Olímpico FClass 900/1000 iardas

Sen definir

O noso veciño José Antonio Lema acaba de revalidar o título de campión de España de Tiro Olímpico Fclass 900/1000 iardas.

A competición tivo lugar o pasado fin de semana nas instalacións do campo de tiro Parga, no Concello de Guitiriz.

O cabanés suma un novo triunfo ao seu excelso palmarés no que xa figuran numerosos campionatos nacionais e mesmo un europeo.