San Pedro de Nantón

Mámoa nº 1 da Piolla

Ten 25 m de diámetro e 1,5 m de altura; encóntrase nun eucaliptal; presenta un estado moi deteriorado.

 

Mámoa nº 2 da Piolla

Ten 17,5 m de diámetro e 80 cm de altura; encóntrase en terreos de monte baixo; o estado de conservación é bo.

 

Mámoa nº 3 da Piolla

Ten 15 m de diámetro e 1,2 m de altura; encóntrase en terreos de monte baixo dedicados a eucaliptal; o estado de conservación é bastante bo.

 

Mámoa nº 4 da Piolla

Ten 15 m de diámetro e 1 m de altura; encóntrase en terreos de monte baixo; o estado de conservación é bastante bo.

 

Mámoa nº 5 da Piolla

Posúe 15 m de diámetro e 50 cm de altura; encóntrase en terreos de monte baixo; o estado de conservación é bastante bo.

 

Mámoa nº 6 da Piolla

Ten 17 m de diámetro e 1,2 m de altura; encóntrase en terreos de monte baixo con plantación de eucaliptos; o estado de conservación é bastante bo.

 

Mámoa nº 7 da Piolla

Ten 10 m de diámetro e 40 cm de altura; encóntrase en terreos de monte baixo; o estado de conservación é bastante bo.

 

Mámoa nº 9 da Piolla

Posúe una medida de 20 m de diámetro e 1,5 m de altura; localízase en terros dedicados a pasteiro e monte baixo; o estado de conservación é aceptable, aínda que na súa ladeira Noroeste teña un rebaixe debido a tarefas agrícolas.

 

Mámoa nº 10 da Piolla

Ten uns 10 m de diámetro e 40 cm de altura; encóntrase nun eucaliptal; o seu estado de conservación é malo.

 

Mámoa nº 11 da Piolla

Posúe 9 m de diámetro e 30 cm de altura; aparece en terreos de monte baixo dedicado a eucaliptal; está moi deteriorada.

 

Mámoa nº 12 da Piolla

Ten uns 12 m de diámetro e 50 cm de altura; emprázase en terros de monte baixo; ofrece un aceptable estado de conservación a pesar da presenza dunha canteira de pedra no seu cadrante Suroeste.

 

Mámoa nº 13 da Piolla

Ten 10 m de diámetro e 50 cm de altura; emprázase en terreos de monte baixo; ten o perímetro moi deteriorado debido á existencia dunha canteira.

 

Mámoa nº 14 da Piolla

Acada os 10 m de diámetro e os 50 cm de altura; localízase en terreos de monte baixo; o seu estado de conservación é bastante bo.

 

Petroglifo da Piolla

Xunto cos de Corme e O Roncudo, o petroglifo da Piolla conforman as escasas mostras deste tipo de manifestacións da Idade do Bronce na comarca de Bergantiños. A iso hai que sumar as elevadas doses de fortuna, porque este petroglifo se encontra a carón dunha antiga canteira de extracción de pedras para levantar casas e consérvase de milagre. É un petroglifo de cazoletas ou covas que se insculpen dunha pequena laxe de formato triangular. Unha gran cazoleta do tamaño dunha cunca domina o deseño e arredor del, case en círculo, dispóñense outras cazoletas máis pequenas. Contra un lateral da laxe aparece unha pequena ringleira de pequenas covas, nesta ocasión dispostas en liña.

 

Castro de Anido

É un castro que as tarefas mecánico agrícolas someteron a un gran proceso de degradación do seu sistema defensivo. Aínda que deteriorados, só conserva restos defensivos nos lados Noroeste, Leste e Suroeste. Na croa, os niveis habitacionais posiblemente non estean afectados polos labores agrícolas. A croa é ovoidal de 90 m de longo e 70 m de ancho. Está bordeada por un parapeto duns 4 m de altura.

Galego