O cabanés José Antonio Lema, campión galego en tiro olímpico Fclass 900/1000

Sen definir

O cabanés José Antonio Lema, nado na parroquia de Nantón, proclamouse por terceiro ano consecutivo como campión de Galicia en tiro olímpico Fclass 900/1000 iardas. O torneo disputouse a pasada fin de semana en Parga (Guitiriz).

Este novo éxito, nunha modalidade en pleno auxe na actualidade, supón a consagración do deportista cabanés como un dos mellores competidores a nivel autonómico e nacional.

José Antonio Lema, nado en Nantón pero residente en Pontevedra desde hai máis de 20 años, ostenta a día de hoxe 7 títulos de campión de España e 1 Campionato de Europa por equipos sendo o capitán da selección nacional.

No vindeiro mes de setembro participará no Campionato de Europa en Gran Bretaña.