O Concello completa a limpeza da rede viaria de estradas municipais

Sen definir

O Concello acaba de completar a limpeza da súa rede de estradas municipais, converténdose así nun dos primeiros municipios da comarca de Bergantiños en rematar estas intervencións. Segundo apuntan desde o goberno local, tan só quedan pendentes de limpeza as vías de titularidade da Deputación da Coruña. Co fin de axilizar a execución destes labores, o goberno local xa contactou co ente provincial para solicitar a limpeza destas vías “á maior brevidade posible”.

Desde o goberno local indican que se axilizaron estes traballos “co fin de garantir que todas as estradas asfaltadas estiveran nas mellores condicións de seguridade posibles, algo fundamental na época estival”.

Unha vez completada a roza nestas vías, o Concello repasará os núcleos a man e iniciará, ademais, a limpeza das pistas forestais nos vindeiros días. En todo caso, se algún veciño ou veciña detecta algunha vía asfaltada sen limpar, pode informar ao Concello a partir do luns, 26 de xullo, a través do teléfono 618 74 73 74.