Area das Vacas

Praia mariña con acceso desde Taboído (Canduas). É contigua á praia das Maseiras e chámase así porque no pasado o gando vacún pacía mesmo ata as beiras da area. Presenta un estado case natural. Posúe unha pequena fonte de augas claras e pequeno aparcadoiro.

Galego