- PORTADA
- CONCELLO
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- CULTURA
- DEPORTES
- EMPREGO
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- FUNCIÓNS
- BOLSA DE EMPREGO
- Plan de Emprego Local (PEL Reactiva)
- COWORKING
- CMAT – Costa da Morte Asociación Turística
- PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO: ReActiva
- PROXECTO REDE XIANA
- GALP Costa da Morte
- PLAN REVIVE COSTA DA MORTE
- OBRADOIRO DE EMPREGO “ESCOLA DE VELA DA COSTA DA MORTE- FASE II"
- FORMACIÓN
- SERVIZO GALEGO DE COLOCACIÓN
- SUBVENCIÓNS
- EN IMAXES
- LIGAZÓNS
- CONTACTO
- SERVIZOS SOCIAIS
- PRESENTACIÓN
- CADRO DE PERSOAL
- ÁREAS DE ACTUACIÓN
- PROGRAMAS BÁSICOS
- PROGRAMA DE EDUCACIÓN FAMILIAR
- PROGRAMA DE VOLUNTARIADO
- ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "A CASA DOS TÍTERES"
- BENEFICIO FAMILIAS NUMEROSAS
- FAMILIA
- CENTRO DE MAIORES
- II PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES PARA HOMES E MULLERES
- CONVOCATORIA DE AXUDAS
- LIGAZONS
- CONTACTO
- POLICÍA LOCAL
- PROTECCIÓN CIVIL
- URBANISMO
- TURISMO
- PUBLICACIÓNS
- SERVIZOS PÚBLICOS
- CONTRATACIÓN
- PERFIL DO CONTRATANTE
- SELECCIÓN DE PERSOAL
- CONTRATOS MENORES
- NOVAS
- AXENDA
- CONTACTO
Cabana loitará contra a velutina cunha campaña de trampeo en espazos públicos e nos fogares da veciñanza
Sen definir
O Concello de Cabana de Bergantiños comezará a semana que vén a campaña contra a avespa velutina coa instalación de 80 trampas en espazos públicos de todo o municipio. A veciñanza poderá solicitar de xeito gratuíto un dispositivo de captura e un litro de líquido repelente a través deste formulario: https://bit.ly/3bZUjgA
A partir do luns, 8 de marzo, colocaranse os primeiros dispositivos de captura en zonas próximas a antigos niños e zonas verdes, sobre todo onde haxa camelias, onde proliferan este tipo de insectos invasores. O obxectivo da iniciativa é reducir o máximo posible a poboación de avespas velutinas, que acaban de espertar do seu letargo invernal, e que permanecerán especialmente activas durante os meses de marzo, abril e maio.
As persoas interesadas en unirse á campaña de trampeo poderán solicitar un dispositivo e un litro de líquido repelente por fogar ata o vindeiro 31 de maio. Unha vez recibidos, deberán dar conta do número de raíñas capturadas cada 15 días para poder controlar a evolución do programa. Os apicultores e apicultoras do municipio tamén poderán solicitar trampas ou repelente adicional para os seus terreos.
O alcalde, José Muíño, destacou a importancia da iniciativa “para diminuír os efectos da praga de avespas asiáticas no entorno do noso concello, que nestas datas comeza a causar cuantiosos danos nas explotacións apícolas e que incluso chega a supoñer un risco para a veciñanza”.
Desde o Concello insisten na importancia de situar as trampas en árbores con flores ou zonas próximas a antigos aniñadoiros das avespas. No caso de ter algunha dúbida na instalación ou na solicitude dos dispositivos e dos repelentes, ponse a disposición o número de teléfono 618 747 376.