Actualizacións das recomendacións sanitarias

Sen definir

Tras a comparecencia deste mediodía do presidente da Xunta de Galicia, recollemos as principais actualizacións das recomendacións sanitarias, entre as que destacamos:

- Apertura das terrazas dos establecementos #hostaleiros ata as 18:00 horas e cun máximo de aforo do 50%.

- Permítense os desprazamentos entre os municipios da área sanitaria A Coruña-Cee, agás Malpica de Bergantiños, Corcubión, Aranga, Carballo e Ponteceso.

- As xuntanzas serán de ata catro persoas NON conviventes.

- Poderase proceder á apertura das #instalacións deportivas e estará permitida a práctica do deporte en grupo de ata máximo catro persoas non conviventes.

OLLO! Estas medidas poden sufrir variacións ata a publicación do DOG, e entrarían en vigor o vindeiro venres 26 de febreiro.