Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos

Sen definir

Normativa:

Orde do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2015.(DOG nº 21 do 02/02/2015)

Orde do 31 de agosto de 2015 pola que se modifica a Orde do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2015. (DOG nº 170 do 7/09/2015). Ampliación de crédito e novo prazo de solicitude ata o 7 de outubro de 2015.

Obxecto:

Establecer as bases e convocatoria para a concesión da prestación familiar por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2015.

Persoas beneficiarias:

Persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2015 (nacidos entre o 2.1.2012 e o 1.1.2015, incluídos) e que, durante o ano 2013, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a teñan presentado de forma voluntaria. (As persoas que realizan a declaración do IRPF xa teñen dereito ás deducións fiscais das mesmas contías)

No caso de fillos/as adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2013 e o 31 de decembro de 2014, a prestación poderase conceder durante os tres anos posteriores á data da inscrición no Rexistro Civil ou, cando esta non sexa necesaria, a partir da data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.

Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio, o pai/nai que teña a custodia dos fillos, de acordo co establecido no convenio regulador ou senteza de separación ou divorcio.

En ningún caso poderán ser beneficiarias as persoas proxenitoras privadas da patria potestade das súas fillas ou fillos, ou se a tutela ou a garda fose asumida por unha institución pública.

As persoas estranxeiras que residan en Galicia poderán beneficiarse desta prestación sempre que cumpran as condicións da Lei orgánica 4/2000, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, e os requisitos establecidos nesta orde. Ademais, deberán ter a condición de contribuíntes para os efectos do disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do IRPF, e da modificación parcial das leis dos impostos sobre sociedades, sobre a renda de non residentes e sobre o patrimonio.

Requisitos:

Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia.

Que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante.

Que durante o ano 2013, nin as persoas solicitantes nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estaren obrigadas a iso.

Contía da axuda:

A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:

Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.

Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.

Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.

Documentación:

Solicitude e anexos | Presentación electrónica na sede

a. Fotocopia do Libro de Familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil de cada unha das fillas ou fillos da persoa solicitante, para os efectos de acreditar a data de nacemento e o número de orde que ocupa a filla ou fillo na descendencia da persoa solicitante.

b.Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar.

c. Copia da sentencia de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, se é o caso.

d. Nos supostos de adopción ou acollemento, copia da resolución xudicial ou administrativa que a declare (só no suposto de que a formalización se realizase noutra comunidade autónoma).

e. Autorización do cónxuxe ou parella para obter da AEAT e da Consellería de Facenda os seus datos de carácter tributario.(anexo II)

Se a persoa solicitante recibira a prestación familiar por fillo menor a cargo no ano 2014, só terá que presentar canda a solicitude a documentación sinalada nas letras a) e b).

As solicitudes que se presenten eliminando delas algún do proxenitores que figuraba o ano anterior, deberán estar acompañadas da xustificación documental:

En caso de separación, copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, de ser o caso.

No caso de que non houbese matrimonio entre as persoas proxenitoras: convenio regulador ratificado polo xulgado, que poderá substituírse por un informe dos servizos sociais do concello ou da policía local.

En caso de falecemento, certificado de defunción ou copia da folla do libro de familia onde figure esta circunstancia.

Lugar de presentación:

Xefaturas Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar

Nos lugares dispostos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 e novembro.

Por vía electrónica: O formulario da solicitude (anexo I) e as declaracións responsables necesarias (anexo II e III), estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, para a súa tramitación electrónica completa. Así como o anexo IV (modelo de autorización para verificación do DNI e consulta de datos do cónxuxe ou parella do solicitante). Para a presentación na sede electrónica admitirase o DNI electrónico ou calquera outro sistema de sinatura electrónica aceptado pola sede da persoa solicitante ou representante legal. Para a presentación por esta vía, a persoa solicitante deberá presentar copia dixitalizada dos documentos necesarios

Prazo de presentación:

Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da Orde do 31 de agosto no DOG. Ata o 7 de outubro de 2015

Erro | Concello de Cabana

Erro

O sitio web atopou un erro inesperado. Por favor, inténteo de novo máis tarde.

Mensaxe de erro

  • Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /usr/home/concello-cabana/www/includes/common.inc:2861) en drupal_send_headers() (liña 1554 de /usr/home/concello-cabana/www/includes/bootstrap.inc).
  • Error: Call to undefined function each() en SimplenewsSpool->nextSource() (liña 273 de /usr/home/concello-cabana/www/sites/all/modules/simplenews/includes/simplenews.source.inc).