SUBVENCIONS A ESTABLECEMENTOS DE TURISMOS RURAL, ESTABLECEMENTOS HOTELEIROS, APARTAMENTOS E VIVENDAS TURÍSTICAS, CAMPAMENTOS DE TURISMO, AXENCIAS DE VIAXE, CAFETARÍAS, BARES, RESTAURANTES E EMPRESAS DE SERVIZOS TURÍSTICOS COMPLEMENTARIOS, NOS PROCESO

Galego

Finalidade: Subvencións para os procesos de certificación de normas UNE que conduzan á certificación, ao seguimento e á renovación da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE).
Actuacións dirixidas á mellora da calidade turística: procesos de primeira certificación, seguimento ou renovación da marca Q de calidade turística do ICTE, correspondentes ao ano 2016 e que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2016.

Prazo: UN MES (ATA O 7 DE MAIO DE 2016)

Publicación: DOG nº66 xoves, 7 de abril de 2016 (Axencia de Turismo de Galicia)

Mais información:
RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a establecementos de turismo rural, establecementos hoteleiros, apartamentos e vivendas turísticas, campamentos de turismo, axencias de viaxes, cafetarías, bares, restaurantes e empresas de servizos turísticos complementarios, nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española ICTE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.