Obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

Sen definir

DOG Núm. 15 Martes, 22 de xaneiro de 2019
 

Obxecto

Obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, regulada polo Decreto 218/2011, do 17 de novembro (DOG núm. 229, do 30 de novembro), tras a adquisición, mediante un curso de preparación na modalidade de teleformación, das capacidades que constitúen o Plan formativo ofimático de Galicia e a súa posterior avaliación a través da correspondente proba presencial.

 

Destinatarias

Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes do remate do prazo de inscrición.

 

Organización do curso

1. Número de prazas: 180.

2. Duración: 12 semanas (190 horas lectivas).

3. Modalidade: teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT.

4. Datas de realización: do 18 de febreiro ao 24 de maio de 2019.

 

Solicitudes de participación

1. As persoas que desexen participar no curso convocado nesta resolución deberán inscribirse a través de internet na páxina web de CeMIT (https://cemit.xunta.gal).

2. Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da rede CeMIT. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

3. O prazo para a inscrición será de cinco (5) días hábiles a partir do seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

4. Unha vez que remate o prazo de inscrición e aplicados os criterios de selección que se recollen na base sexta, publicarase a relación provisional de persoas admitidas na páxina web da rede CeMIT (http://cemit.xunta.gal), así como un número adecuado de reservas.