AXUDAS A PARTICULARES PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAIS E PEZAS DE MOBILIARIO DE COCIÑA E BAÑO 2015 (REFORMA 15) E ADHESIÓN DE EMPRESAS COLABORADORAS.

Galego

1.- Obxeto: 
Axudas do IGAPE a particulares para a rehabilitación de cociñas e baños (azulexos, baldosas,..) ou pezas de mobiliario de cociña ou baño, quedando excluídos os electrodomésticos. Complementaranse con un desconto propio do establecemento de venta adherido.

2.- Beneficiarios: 
Persoas físicas, consumidores individuais, propietarias ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial en Galicia, sempre que os bens subvencionables se destinen a dito inmoble e sexan adquiridos nunha entidade colaboradora adherida ao Programa Reforma 15.

3.- Investimentos e/ou gastos computables:

a)Son subvencionables as operacións de adquisición de materiais de rehabilitación e pezas de mobiliario para cociña e baño realizadas nun establecemento de venda adherido que cumpran os seguintes requisitos:
- Adquirir un ou varios bens obxeto de subvención en alguns dos establecementos.
- Operación de compra deberá acadar un mínimo de 1.000€ (sen incluir IVE).
- A subvención máxima a percibir por persoa física será de 1.000€ nunha ou varias operacións.
-Os bens deberán ser destinados nun prazo máximo de 3 meses desde a solicitude á reforma ou nova instalación de mobiliário no enderezo indicado na solicitude de axuda.
- Os establecementos de venda deberán identificar claramente os materiais.

b) Non son subvencionables os gastos e custos financeiros que sexan consecuencia do investimento nin os gastos realizados en bens usados.

c)Os gastos deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o dia da presentación da solicitude e o últimos dia do prazo da xustificación ( 30 de novembro de 2015).

d)O IVE considerarase gasto subvencionable, dado que os beneficiarios son particulares. Sen embargo, para calcular a contía da subvención terase en conta o prezo dos bens impostos excluídos.

4.- Contía das axudas: 
Será dun 20% sobre o prezo dos bens, impostos excluídos, e antes do desconto requirido, cun máximo acumulado de subvención de 1.000€ por beneficiario.
Adicionalmente a empresa colaboradora no programa realizará un desconto do mesmo importe.

5. Prazo de presentación de solicitudes: 
Dende o 6 de outubro ata o 16 de novembro de 2015.
As entidades colaboradoras poderán solicitar a súa adhesión ata o 30 de outubro.

6.- Lugar de presentación
As entidades colaboradoras son as encargadas de presentar as solicitudes coa documentación solicitada polo IGAPE.

Máis información: 
Orde da convocatoria: resolución do 16 de setembro de 2015 (DOG nº 183 do 24 de setembro)
http://www.igape.es teléfono: 900 81 51 51 
- Relación actualizada de establecementos de venda adheriodos:www.igape.es/reforma15