SUBVENCIÓNS A ESTABLEMENTOS DE TURISMO RURAL, HOTELEIROS, APARTAMENTOS E VIVENDAS TURÍSTICAS, CAMPAMENTOS DE TURISMO, AXENCIAS DE VIAXES, CAFETERÍAS, BARES, RESTAURANTES E EMPRESAS DE SERVIZOS TURÍSTICOS.

Galego

Obxeto: 
Implementar as correspondentes normas UNE que conduzcan á certificación da da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE)

Beneficiarios:
As persoas físicas, as persoas xurídicas constituídas baixo forma mercantil ou civil e as comunidades de bens que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan inscrita conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (REAT) a actividade turística para a cal se solicita a axuda, con base aos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Actuacións e gastos subvencionables:
Considéranse actuacións subvencionables á mellora da calidade turística: procesos de primeira certificación, seguimento e/ou renovación da marca de Calidade turística Q do ICTE, correspondentes ao ano 2015 e que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2015.
Os conceptos obxeto desta axuda son aqueles procedentes de colaboracións externas e servizos asociados aos procesos asociados de certificación cuxos custos sexan soportados directamente pólos establecementos:
- Custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación do sistema, facturados por entidade auditora acreditada polo ICTE.
- Custos derivados dos dereitos de uso da marca Q no ano 2015, unha vez acadada a certificación, seguimento e/ou renovación do establecemento, facturados polo ICTE ao establecemento.

Orde da convocatoria: 
Resolución do 18 de decembro de 2014 da Axencia de Turismo de Galicia (DOG nº 12, do 20 de xaneiro de 2015).

Prazo de presentación:
Ata o 20 de febreiro de 2015.

Forma de presentación: 
Preferiblemente por vía electrónica.

Máis información:
axudas.turismo@xunta.es (981 54 74 04 / 981 54 63 64)