Subvencións para fomento de emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo para o ano 2014.

Galego

Obxeto: fixar as bases reguladoras e convocar axudas coa finalidade de promover a incorporación de persoas desempregadas ás entidade de economía social e apoiar o desenvolvemento de proxectos de creación deste tipo de empresas.

Programas:
I.- Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais
II.-Fomento do acceso á condición de persoa socia traballadora.
III.-Impulso de proxectos empresariais cooperativos e asistencia técnica
IV.-Promoción das cooperativas xuvenís. 
V.- Intercooperación e integración cooperativa.

Persoas e entidades beneficiarias:
I.- Cooperativas e sociedades laborais que incorporen persoas desempregadas e traballadores con caracter temporal, como socios traballadores ou de traballo de cooperativas.
II.-Persoas desempregadas, as demandantes de mellora de emprego, persoas asalariadas das cooperativas e sociedades laborais.
III.-Cooperativas e sociedades laborais de nova creación, así como as persoas e empresas privadas que presten servizos de asesoramento e acompañamento.
IV.-Creación de cooperativas xuvenís que subvencionan os custos directos do lanzamento da actividade. 
V.- Cooperativas e sociedades laborais que participen conxuntamente en proxectos de integración ou colaboración empresarial.


Orde da convocatoria: Orde do 21 de febreiro de 2014 da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 46, do 7 de marzo de 2014).

Forma de presentación: preferentemente por vía electrónica.

Prazo xeral de presentación: dende o 8 de marzo ata o 7 de abril de 2014.

Máis información: axente de emprego do Concello

Enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140307/AnuncioCA05-260214-0001_gl.pdf