Naufraxios

Testemuña de naufraxios ó longo dos séculos

As costas da ría de Corme e Laxe, a bocana do río e as augas do interior da enseada son testemuña de naufraxios ocorridos ó longo dos séculos.

O afundimento máis curioso da enseada da Insua foi o de El Compostelano recollido por José Baña Heim en Costa de la Muerte. Historia y anecdotario de sus naufragios:
 

?Día con ventos de sur e refachos de travesía. No porto de Corme, un barco é abandonado pola tripulación. Rompe amarras e queda ó pairo cun ser a bordo: o gato. Esquiva a Barra, entra en Canduas e chega indemne á Telleira. A xente observa a «perfecta manobra» e pregúntase: «¿Quen goberna este barco?» El Compostelano foi gobernado polo Micifuz que, ó verse só a bordo, dixo para si: «¡Para mariñeiros, nós...!»?
Galego