Materiais

Depositados, a súa mairoría, no Museo Arqueolóxico e Histórico "Castelo de San Antón", poden ser agrupados en catro conxuntos: 

Orgánicos: só atopamos os denominados "concheiros" en varios puntos do xacemento. Son unha especie de basureiros de cunchas de mariscos mesturados con espiñas de peixe.

En pedra: abundan os muiños de man e as pedras de afiar. Tamén apareceron restos de moldes de fundición de metais, pezas de adorno persoal (doas de pasta vítrea), fusaiolas (pezas que fan tope nos fusos) e un machado pulido de tipoloxía neolítica. 

Cerámicos: os máis abundantes, con miles de fragmentos por campaña de excavación. Teñen formas (pratos, cuncas, olas, xerras...) e decoracións (imitan cestos, pezas metálicas...) moi variadas. Tamén se atoparon moldes e crisois de fundición así como fusaiolas ou fichas de xogo.

Metálicos: en bronce (cobre+estaño+chumbo) apareceron agullas, aneis, doas de colar, fragmentos de vasillas e caldeiros, conteiras (remates para as fundas de coiro dos puñais), empuñaduras de puñais de antenas, fíbulas (prendendores da roupa), láminas decoradas, etc. En ferro son menos numerosos e relacionados case todos coa actividade doméstica, agrícola ou metalúrxica: follas de coitelos ou puñais, fouces, cinceis, picos e fragmentos difíciles de identificar.

Galego
Erro | Concello de Cabana

Erro

O sitio web atopou un erro inesperado. Por favor, inténteo de novo máis tarde.

Mensaxe de erro

  • Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /usr/home/concello-cabana/www/includes/common.inc:2861) en drupal_send_headers() (liña 1554 de includes/bootstrap.inc).
  • Error: Call to undefined function each() en SimplenewsSpool->nextSource() (liña 273 de sites/all/modules/simplenews/includes/simplenews.source.inc).