Igrexas

Igrexa de San Martiño de Cánduas

Sita na Parroquia de Cánduas, a súa orientación é distinta á tradicional, xa que mira cara o norte. 

A nave e a capela lateral están cubertas por unha bóveda de cañón lixeiramente apuntada; a capela leste cóbrese con falsas bóvedas de crucería.

 

Igrexa de San Esteban de Cesullas

Sita na parroquia de Cesullas. 

A nave e a capela maior son rectangulares. 

A fachada é pentagonal; enriba da porta principal aparece unha inaxe pétrea de San Estevo, enmarcado lateralmente por volutas. 

A parte que semella máis antiga do templo é a capela lateral sur (XVII); a capela maior, nave, fachada e espadana datan do século XVIII.

 

Igrexa de San Esteban de Anós

Sita na parroquia de Anós.

O retablo actual é neoclásico.

A sacristía, fachada e espadana son do século XVIII.

 

Igraxa de San Xoán

Sita na parroquia de Borneiro.

Cabe destacar a súa espadana.

O arco da porta principal, de grandes doelas.

O corpo da nave lévano a datar a parte máis antiga como do século XVI.

 

Igrexa de San Pedro

Sita na parroquia de Corcoesto.

Coa súa torre campanario e os dous camelios enmarcando a fachada. 

No seu interior gárdase a imaxe de Santa Mariña, que só se sobe ata O Remuíño cada 18 de xullo.

 

Igrexa de San Martiño

Sita na parroquia de Riobó.

Esta igrexa foi construída por mandato de Ruy Soneira de Riobóo, nobre da casa solarega da Penela, e nela foi soterrado.

Ao entrarmos na igrexa batemos con dúas pías, a máis pequena ten de base un oso ou lobo, símbolo dos Moscoso. O arco triunfal está sostido por capiteis románicos con decoración vexetal.

Retablo de San Martiño

Retablo barroco, auténtica xoia sacra das terras de Cabana de Bergantiños.

Debaixo do altar escóndense tres sepulcros. No da esquerda, co escudo dos Castro, Moscoso, Riobó, Leis e Villardefrancos; xace Lorenzo Bermúdez de Castro e a súa esposa, María de Leis.

 

Igrexa de San Pedro

Sita na parroquia de Silvaredonda

De ábsida cadrada. 

A sancristía nace de par da ábsida e a espadana é de cemento. 

O cruceiro é sinxelo, cun particular pedestal octogonal.

Galego
Erro | Concello de Cabana

Erro

O sitio web atopou un erro inesperado. Por favor, inténteo de novo máis tarde.

Mensaxe de erro

  • Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /usr/home/concello-cabana/www/includes/common.inc:2861) en drupal_send_headers() (liña 1554 de /usr/home/concello-cabana/www/includes/bootstrap.inc).
  • Error: Call to undefined function each() en SimplenewsSpool->nextSource() (liña 273 de /usr/home/concello-cabana/www/sites/all/modules/simplenews/includes/simplenews.source.inc).