Flora

Hábitat singular para flora en perigo de extinción

A Insua é un complexo de espazos naturais que supera as mil hectáreas de superficie. A zona de marismas é das de maior extensión de Galicia. Todo un conxunto de ecosistemas cuberto de plantas e vexetais que o converten nun xardín botánico natural de referencia.

Unha especie en perigo de extinción como a boraxinácea(Omphlodes littoralis) supera o milleiro de exemplares na Insua. A súa escasa presenza no resto do territorio galego brinda gran valor a este espazo natural.

Na Barra e nas dunas adáptanse a sitios secos e salobres o feo da praia, de longas raíces, ou a Crucianela marítima, que florece de maio a agosto. A eolización de area ata o cume do monte Branco provoca a aparición da Iberis procumbens en altitudes (182 m) impensables.

 

As marismas fórmanse por campos de xuncos, mentres que no malecón e nas ribeiras alterna a presenza de tarais, abeneiros e figueiras.

Os bosques repoboáronse de eucaliptos e piñeiros, fronte a especies autóctonas en regresión coma o acivro, carballo e castiñeiro. O sotobosque cúbrese de toxos e fieitas.

Nas rochas abundan o pirixel do mar e a herba de namorar, de flores rosadas que destacan dun cepellón de follas.

Galego