Embarcacións

As vellas embarcacións tradicionais do Anllóns

Construídas neste entorno, as lanchas do Anllóns, os pataches e as gabarras foron tres das embarcacións que ó longo de varios séculos realizaron todo tipo de transporte por augas fluviais e mariñas.

A embarcación máis tradicional do Anllóns é a lancha. Movíase a vela latina, a remo e con dificultades polo río, arrastrábase cunha corda desde a beira fluvial. Tras salvar as dificultades da Barra, levaba a Corme madeira para cargar pataches; a cinco quilómetros río arriba (Os Maseiros), transportaba sal, tella e area para a labranza.

 

Os pataches eran barcos de cabotaxe que operaban por toda a Península, costa africana e América. En ocasións, houbo 30 pataches no porto de Corme á espera de mercadoría. Podían invernar dentro da Insua. Ó principio eran soamente veleiros, mentres que os últimos (coma o Puenteceso) foron moto-veleiros.

As gabarras eran embarcacións de madeira a motor dedicadas á extracción de area para a construción. Sacábana do leito do río para despois colocárena en depósitos creados nas marxes fluviais.

Galego