Eduardo Vázquez Espasandín

?O Jay Jay? 
Músico popular enxebre

Rebordelo. Cesullas (Cabana de Bergantiños) 08.12.1909
Neaño. Cesullas (Cabana de Bergantiños) 25.11.2003

A pesar de aprender con seu irmán o oficio de carpinteiro, Eduardo Vázquez Espasandín foi un famoso músico popular desde A Coruña a Padrón, desde Cabana ata O Carballiño. ¿Quen non lembra a súa imaxe polas festas co bombo ás costas, aínda que, en principio, el quería ser gaiteiro?

Iniciouse na música popular no grupo Os Jaiteiros de Neaño y Jay Jay. Con el estaban os seus veciños Manuel do Bronllo (cuñado da poetisa María Baña), gaiteiro; Servando de Indalecio, gaiteiro; e Gabriel de Indalecio, tamborileiro. Tempo despois, estivo uns poucos anos n?Os Maravillas de Corme. Por último, a grande etapa como músico pasouna n?Os Enxebres de Neaño.

O nome d?Os Enxebres foille suxerido polo crego de Cesullas, Saturnino Cuíñas Lois. Un día, Eduardo preguntoulle a Saturnino como lle chamaría ó grupo. Cuíñas respondeulle: «Poñeraslle Os Enxebres». Eduardo replicoulle: «¿Por que?». O crego rematou a conversa dicindo: «Porque o enxebre, elo ti».

Todo un amplo abano de músicos populares da Costa da Morte acompañou ó Jay Jay durante uns 80. De Neaño, amais dos citados arriba, estiveron con el Manolo de Xusto (sobriño de Manuel do Bronllo e fillo de María Baña), gaiteiro; e Plácido Vigueret (Plácido de Meiruco), tamboriño. De Corme, Calixto e Ramona dos Maravillas. De Laxe, José García Insua (Reboredo), gaiteiro. De Lamas (Zas) Manuel, coñecido como O Galo de San Clemente, gaiteiro. De Bamiro, José O Lambirote, gaiteiro, e un cuñado seu, tamboriño. Da Campara, Alfredo Castro Fariña, gaiteiro, e os seus irmáns José, tamboriño, e Ramón, gaita. De Cances, José da Viúda (José Collazo Álvarez), gaiteiro. De Anllóns, Gabriel, O Zoqueiro da Garga, gaiteiro. De Iñaño, Serafín, gaiteiro. De Langueirón, Pepe de Langueirón, gaiteiro que aprendeu con Eduardo. De Pedracuca, Lelo do Gaiteiro, tamboriño. Así como o gaiteiro de Reparada (Vimianzo). Os Enxebres convertéronse, polo tanto, nunha verdadeira universidade de música popular na aldea de Neaño, nas terras de Cabana de Bergantiños.

 

Alboradas, procesións, sobremesas e merendas de festas e romaxes de gran parte de Galicia coñeceron as melodías d?Os Enxebres de Neaño. Na Coruña, Eduardo do Menucho compartiu escenario con Marinita de la Peña, así como tamén foi asiduo das festas de María Pita. Polo San Xoán de Carballo competían coas bandas de música de Gamallos. No Santiaguiño do Monte, en Padrón, os gaiteiros de Neaño eran os únicos que cantaban enxebre. A Virxe da Barca, en Muxía, as Barquiñas de Ponteceso, as Festas do Mar de Malpica souberon tamén das súas músicas. Pero de todas as romarías foi o San Fins do Castro a que contou coa súa presenza máis simbólica e ininterrompida desde os vinte do século pasado ata hoxe. Os Jaiteiros de Neaño ou Os Enxebres co Jay Jay ó bombo constitúen parte indispensable da historia desta romaxe, de igual maneira có Berro Seco ou o Santo de Pólvora. Como cantaba Eduardo Vázquez Espasandín botemos este agrú na súa memoria: «¡Viva la juventú! ¡E os vellos que non morran!»

Galego
Erro | Concello de Cabana

Erro

O sitio web atopou un erro inesperado. Por favor, inténteo de novo máis tarde.

Mensaxe de erro

  • Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /usr/home/concello-cabana/www/includes/common.inc:2861) en drupal_send_headers() (liña 1554 de /usr/home/concello-cabana/www/includes/bootstrap.inc).
  • Error: Call to undefined function each() en SimplenewsSpool->nextSource() (liña 273 de /usr/home/concello-cabana/www/sites/all/modules/simplenews/includes/simplenews.source.inc).